Xuramento dos Horacios
Aparencia
Xuramento dos Horacios | |
---|---|
Artista | Jacques-Louis David |
Data | 1784 |
Técnica | Óleo sobre tela |
Dimensións | 330 cm × 425 cm |
Localización | Museo do Louvre (París) |
O Xuramento dos Horacios (en francés: Le Serment des Horaces) é unha obra de Jacques-Louis David realizada en 1784, uns anos antes da Revolución Francesa. O cadro mide 330 x 425 cm e consérvase no Museo do Louvre. Considérase o paradigma da pintura neoclásica.[1]
A pintura representa o «saúdo romano», co brazo estendido e a palma cara a abaixo. O tema da pintura está baseado na lenda dos Horacios e os Curiacios, lenda relatada por Tito Livio na súa obra Ab urbe condita libri, e ten unha perspectiva patriótica e neoclásica; máis tarde converteríase nun modelo a seguir por pintores posteriores. O éxito da obra fixo medrar a fama do seu autor, e permitiulle manter os seus propios estudiantes.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ L. Cirlot (dir.). Museo do Louvre I, Col. «Museos del Mundo», Volume 3, Espasa, 2007, páx. 138-139. ISBN 978-84-674-3806-2
- ↑ Milicua, José (1988), páx. 41
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xuramento dos Horacios |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cirlot, Lourdes (2007). Museo del Louvre. Espasa. ISBN 978-84-674-3806-2.
- González-Palacios, Alvar (1969). Pinacoteca de los Genios-David. Buenos Aires, Editorial Codex.
- Milicua, Jose (1988). Historia Universal del Arte. Barcelona, Editorial Planeta. ISBN 84-320-6688-5.