Barbara West
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1911 Bournemouth, Reino Unido |
Morte | 16 de outubro de 2007 (96 anos) Truro, Reino Unido |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Truro High School (en) |
Cronoloxía | |
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | viaxe de inauguración do RMS Titanic |
Barbara Joyce West Dainton, nada o 24 de maio de 1911 en Bournemouth (Dorset) e finada o 16 de outubro de 2007 en Camborne, foi unha das dúas últimas superviventes do naufraxio do RMS Titanic.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Contaba con 10 meses e 22 días de vida cando o Titanic chocou contra un iceberg o 15 de abril de 1912 no seu traxecto de Southampton a Nova York.
Era a segunda filla de Edwy Arthur West e Ada Mary Worth. A súa irmá máis vella era Constance Mirium. A familia West abordou o RMS Titanic en Southampton (na área de segunda clase). Barbara, a súa nai e a súa irmá Constance, escaparon no bote número 10. O pai de Barbara non sobreviviu. Unha vez en Nova York abordaron o Celtic e regresaron a Inglaerra, onde Ada tivo unha terceira filla.
Casou en 1952 con William Ernest B. Dainton. Faleceu o 16 de outubro nunha residencia para anciáns en Camborne, Inglaterra. O funeral foi o 5 de novembro de 2007 na Catedral de Truro.
A outra supervivente do desastre foi Millvina Dean, nacida en Hampshire (Inglaterra), morreu no 2009.