Saltar ao contido

Barys Astana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barys Astana
Барыс Астана
Fundación26 de novembro de 1999
Cidade Astana, Casaquistán
EstadioBarys Arena
Capacidade11 578 espectadores
LigaKHL
ConferenciaLeste
DivisiónChernyshev
Propietario(s) Kazakhstan Temir Zholy
Adestrador Yuri Mikhailis
Afiliado(s)Nomad Nur-Sultan (VHL)
Snezhnye Barsy (MHL)
Cores               Azul, branco
Na rede
http://hcbarys.kz/
Facebook: hcbarys Twitter: AstanaBarys Instagram: barys_official Telegram: hcbaryskz Youtube: UCIauUNdTjrtXh2uLAjgTQCQ Editar o valor en Wikidata

O Hockey Club Barys (en casaco: Барыс хоккей клубы), comunmente coñecido como Barys Astana (en casaco: Барыс Астана) é un club de hóckey sobre xeo profesional da cidade de Astana (Casaquistán) que compite na División Chernyshev da Kontinental Hockey League.

O Barys foi fundado en 1999 e comezou a competir na tempada 2001-02. Barys en casaco significa pantera. O equipo competiu na Liga de Casaquistán ata o 2007, cando comezou a competir na Vysshaya Liga. Logo de competir na Vysshaya Liga na tempada 2007-08, o Barys Astana foi admitido para competir na KHL.

A primeira vitoria do equipo na KHL foi ante o Neftekhimik de Nizhnekamsk (Rusia) o 3 de setembro do 2008 por 2 goles a 1. A súa primeira vitoria na casa foi o 14 de setembro do 2008, cando gañou ao Salavat Yulaev por 3 a 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]