Ciencia dos materiais
A ciencia dos materiais é a rama da ciencia relativa ao estudo dos materiais e á relación entre as súas propiedades, estrutura, prestacións, formas de caracterización e procesamento.
Cada procesamento modifica a estrutura do material, alterando as súas propiedades, que á súa vez delimitan o seu emprego.
Historia
[editar | editar a fonte]As civilizacións antigas foron designadas de acordo co dominio dos materiais: Idade da Pedra, Idade de Ferro etc. No inicio o home só tiña acceso aos materiais naturais, tales como pedras, madeira, ósos e peles. A noción inicial baseábase na dureza: as tribos con lanzas de madeira tiñan máis dificultade en abater unha presa que tribos utilizando puntas de pedra nas súas lanzas. Após o dominio do fogo, tomouse noción dos materiais inflamábeis e non inflamábeis, así como outras transformacións dependentes da temperatura.
Co pasar do tempo foise descubrindo a posibilidade de creación de novos materiais, como cerámica e outros metais. A creación de olas e vasos nos formatos desexados deu inicio a unha arte secular alén de facilitar o almacenamento e o transporte de obxectos, especialmente comida e grans. O descubrimento casual de fragmentos metálicos (en moitos casos provenientes de meteoritos), de gran valor e utilidade, cedeu o paso a procedementos metalúrxicos que foron descubertos tamén en parte por casualidade, dando lugar á Idade de Bronce e despois á Idade de Ferro.
Obxectivo da ciencia dos materias
[editar | editar a fonte]Esta disciplina busca estudar as propiedades xerais dos materiais en función da súa estrutura e os procedementos aos que poden ser sometidos para mellorar estas propiedades.
Sólidos
[editar | editar a fonte]Entre os sólidos existen dúas divisións, a primeira por ligazóns químicas:
e a segunda por propiedades físico-químicas ou materiais de enxeñaria:
Ámbitos
[editar | editar a fonte]Áreas de estudo da ciencia dos materiais:
- Estrutura atómica e enlaces interatómicos
- Estrutura de sólidos cristalinos
- Imperfeccións en estruturas cristalinas
- Procesos de difusión atómica
- Propiedades dos materiais
- Dislocacións e mecanismos de endurecemento
- Rotura
- Diagramas de fases
- Transformacións de fases
- Tratamentos térmicos
- Aliaxes
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal de Ciencia dos Materiais, Cetec/Redemat
- Graduación Ciencia e Enxeñaría de Materias, UFSC
- Programa de Pós-Graduación en Ciencia e Enxeñaria de Materiais, UFSC
- Departamento de Enxeñaría Metalúrxica e de Materiais
- Departamento de Ciencia dos Materiais e Metalurgia, PUC-Rio
- Departamento de Ciencia dos Materiais da FCT/UNL
- Ciencia dos materiais