Saltar ao contido

Charlie Hebdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Charlie Hebdo
Journal Irresponsable

Antiga sede do semanario en París.
TipoRevista satírica
Formato de páxinaTabloide
Nº de páxinas16
Cor4 cores
Fundación1970 (refundado en 1992)
PropietarioRiss
DirectorRiss
TendenciaEsquerda política
LinguaFrancés
LocalidadeFrancia
ÁmbitoNacional (Francia)
PeriodicidadeSemanal
Prezo3,00
Tiraxe45.000 (2012)
PredecesorL'hebdo Hara-kiri
ISSN1240-0068
Na rede
https://charliehebdo.fr e https://charliehebdo.fr/en/
IMDB: co0661028 Facebook: 106626879360459 Twitter: Charlie_Hebdo_ Instagram: charlie_hebdo_officiel Youtube: UCaxylD_2weUMc95cJIWK9Nw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charlie Hebdo (pronunciado en francés: ʃaʁli ɛbdo) é un semanario satírico francés de esquerdas. Foi fundado en 1992 e tomou o seu nome dunha publicación satírica anterior que existiu entre 1969 e 1981, primeiro como Hara-kiri, Hara-kiri hebdo e finalmente como Charlie Hebdo.

Trátase dun xornal cunha gran variedade de ilustracións que fai crónicas e publicacións de temas como as seitas, a extrema dereita, o catolicismo, o islamismo, o xudaísmo e a política. Segundo Stéphane Charbonnier, director da publicación, a redacción da revista recolle "tódalas seccións da esquerda plural e mesmo os abstencionistas"[1].

As publicacións do semanario foron motivo de xuízos, debates pola liberdade de expresión, acusacións de provocacións a colectivos relixosos e atentados, un deles con bombas molotov en 2011.[2] Porén, o máis grave foi o do 7 de xaneiro de 2015 na súa sede de París, no que dous encapuchados, membros de Al-Qaeda, asasinaron a doce persoas e feriron de gravidade a outras catro.

En 1960, Georges Bernier, coñecido como professeur Choron, e François Cavanna publicaron unha revista mensual chamada Hara-Kiri, «journal bête et méchant». Choron era o director da publicación e Cavanna, redactor xefe, o equipo estaba constituído por Topor, Fred, Reiser, Wolinski, Gébé, e Cabu. Prohibida a súa publicación dende 1961, reapareceu para ser novamente prohibida en 1966. Reapareceu de novo seis meses máis tarde. Desta vez, algúns colaboradores como Gébé, Cabu, Topor e Fred non retornaron ao equipo da revista. Pero engadíronse ao grupo outros como Delfeil de Ton, Fournier e Willem.

De 1969 a 1981

[editar | editar a fonte]

En 1969, o equipo dirixido por Cavanna decidiu facer unha publicación semanal, continuando coa mensual. Volveron a colaborar con ela Gébé e Cabú. En febreiro de 1969 sairía á rúa Hara-kiri-hebdo, renomeado en maio desde mesmo ano como L'hebdo Hara-kiri. En novembro de 1970, unha polémica portada sobre o falecemento do que fora xefe de estado Charles de Gaulle e a morte de 147 persoas nunha discoteca de Francia, fixo que a publicación fose prohibida polo ministro do Interior, Raymond Marcellin.

Ignorando a prohibición, o semanario pasu a chamarse Charlie Hebdo, nome que viña dunha revista de historietas, Charlie Mensuel, que ao mesmo tempo procedía de Charlie Brown, personaxe principal da serie Peanuts.

En decembro de 1981, a publicación foi suspendida pola falta de lectores fieis. Non tiña subencións de publicidade e o número de subscritores era moi reducido. Antes de desaparecer, crearon unha broma: un suposto diario co nome de Charlie Matin, que só se publicou tres días seguidos.

De 1992 ao presente

[editar | editar a fonte]

O novo nacemento do semanario viu dado pola dimisión de Philippe Val e Cabu de La Grosse Bertha, despois de certas diferenzas co director da publicación, Jean-Cyrille Godefroy e o seu desexo de ter un semanario propio. Philippe Val, Gébé, Cabu e Renaud reunieron o diñeiro para financiar o número primeiro. Nacendo Charlie Hebdo en xullo de 1992.

A publicación foi considerada de extrema esquerda por varios medios de comunicación, entre eles a BBC.[3]

Atentado contra Charlie Hebdo

[editar | editar a fonte]
Policías e periodistas no lugar dos feitos, pouco despois do atentado, o 7 de xaneiro de 2015.

Artigo principal: Atentado na sede de Charlie Hebdo

O 7 de xaneiro de 2015 sufriu un ataque na súa sede por tres individuos enmascarados e armados con fusís de asalto e outras armas, realizando ata 50 tiros, matando a 12 persoas e ferindo a 11 ao berro de Al·lahu-àkbar (Alá é o máis grande). Os atacantes identificáronse como membros de Al-Qaeda na Península arábiga, a rama de Al-Qaeda no Iemen, que asumiu a responsabilidade do atentado.[4]

A frase Je suis Charlie (Eu son Charlie) converteuse nun lema común nas manifestacións e medios sociais.

A edición posterior ao atentado (número 1178) vendeu sete millóns de copias en seis idiomas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • François Cavanna et Philippe Val présentent Les années Charlie 1969-2004. Éditions Hoëbeke, 2004. Recueil de unes et de dessins. (en francés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]