Axencia Espacial Europea
Axencia Espacial Europea | |
---|---|
Acrónimo | ESA, ASE e EVA |
Tipo | organización intergobernamental, axencia espacial e organización internacional |
Campo de traballo | exploración espacial e voo espacial |
Data de fundación | 30 de maio de 1975 |
Fundador(es) | Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemaña do Oeste, Italia, Países Baixos, España, Suecia, Reino Unido e Suíza |
Orzamento | 6680000000 euros, 5720000000 euros e 7150000000 euros |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
https://esa.int | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Axencia Espacial Europea (en inglés European Space Agency, tamén coñecida polo acrónimo ESA) é unha organización intergobernamental formada en 1975 dedicada á exploración do espazo. En 2015 contaba con 22 estados membros. As súas oficinas centrais están en París. En 2019 o seu director científico é Günter Hasinger.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Membros da ESA
[editar | editar a fonte]Os 22 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Estonia (1 de set de 2015)[2], Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia (2020)[3], Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.[4]
Directores xerais
[editar | editar a fonte]- Jean-Marie Lutton 1990-1997[5]
- Jean-Jacques Dordain 2003-2015[6][7]
- Johann-Dietrich ‘Jan’ Wörner 2015-feb. 2021[8]
- Josef Aschbacher feb. 2021-[9]
Acordos de cooperación
[editar | editar a fonte]Canadá ten un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración. Sete membros da UE son estados europeos colaboradores ou teñen acordos de cooperación coa ESA son: Bulgaria, Chipre,Croacia, Letonia, Lituania, Malta, Eslovaquia e Eslovenia.[10][11]
Relacións coa Unión Europea
[editar | editar a fonte]Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".
En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta. A máis, manteñen tratados de colaboración e financiamento para programas concretos, como o do programa Copérnico.[12]
Preparación e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]As actividades da ESA comprenden unha ampla gama, dende actuacións nos foros políticos e económicos para a procura de apoios e financiamento ata o propio desenvolvemento e seguimento das misións espaciais e a súa preparación. Como exemplos disto último, en canto a seguimento a axencia ten construído estacións de seguimento en España, Australia e a Arxentina, e coopera con outras axencias para compartir capacidades,[13] e en canto a preparación, en novembro de 2018 houbo unha simulación dun paseo lunar en Lanzarote, como parte de Pangaea-X.[14]
Unha actividade importante da ESA constitúea a preparación das misións, con centros adicados a iso como o ESTEC Test Centre en Noordwijk, nos Países Baixos, que alberga o LSS (Large Space Simulator, Gran Simulador Espacial) para testado de satélites ás condicións que se poden atopar no espazo.[15]
A preparación das misións inclúe investigación técnica, con desenvolvemento de produtos como Delta-DOR, técnica de navegación do espazo profundo ultraprecisa.
A ESA segue a ampliar e mellorar a súa rede, como pon de manifesto a actualización do radiotelescopio privado de Goonhilly, parte da Estación Terrestre de Goonhilly, en Cornualla, Inglaterra.[13][16]
No 2020 o seu funcionamento viuse afectado pola pandemia da COVID-19.[17]
Lanzamentos
[editar | editar a fonte]Spacelab-1
[editar | editar a fonte]O primeiro módulo Spacelab voou durante a misión STS-9.[18][19] Era novembro do ano 1983 e tivo un funcionamento de 10 días, marcando o comezo das misións espaciais da ESA.[20] No mesmo lanzamento tamén participou Ulf Merbold, primeiro astronauta da ESA.
Lanzamentos sucesivos
[editar | editar a fonte]En xeral, fanse dende a plataforma de lanzamento de Kourou, na Güiana Francesa. A tecnoloxía de lanzamento é a partir de foguetes Vega, desenvolvidos pola ESA, e Ariane, de Arianespace.
O 3 de setembro de 2020 despegou un Vega cun novo servizo de dispensador de pequenos satélites (Small Spacecraft Mission Service, SSMS), con capacidade de ata sete microsatélites (15-150 kg cada) e 46 cubesat (ata 1 kg) para poñer en órbitas entre 515 e 530 km, en órbitas heliosíncronas.[21]
Programa Horizonte 2000
[editar | editar a fonte]O programa Horizonte 2000 ('Horizon 2000') é o eixe das actuacións da ESA nas primeiras décadas do século XXI. Da acubillo ás misións Soho e Cluster, XMM-Newton, Herschel, e Rosetta , así como outras de menor envergadura, como Hubble, Cassini-Huygens, Planck, Integral, Gaia e Hipparcos, e cobre tódolos aspectos da ciencia espacial.[22]
Outras misións
[editar | editar a fonte]Entre 2003 e 2008 desenvolveuse a misión Duble Star / Tan Ce en colaboración con China.[23]
A serie PROBA (Project for On-Board Autonomy) desenvolveu o lanzamento de varios microsatélites. O primeiro, o Proba (logo renomeado como Proba-1), foi lanzado o 22 de outubro de 2001 por ISRO. No 2009 foi lanzado Proba-2[24] e no 2013 foi lanzado o satélite Proba-V,[25] o terceiro da serie.
No 2011 foi instaldo na Estación Espacial Internacional o Espectrómetro Magnético Alfa (Apha Magnetic Spectrometer, AMS).[26]
No 2018 tivo lugar o lanzamento do primeiro satélite da misión Aeolus.[27] Ese mesmo ano comezou a perfilarse a misión Lagrange, que espera estar definida a mediados de 2019.[28]
En outubro de 2018 lánzase a Misión BepiColombo a Mercurio en colaboración coa axencia espacial JAXA (Xapón).[29]
No 2019 terá lugar o lanzamento de JUICE, (Jupiter Icy Moons Explorer, Explorador das lúas xeadas de Xúpiter).[30] Nese mesmo ano, estase a preparar o telescopio espacial CHEOPS.[31]
No 2019 acórdase a misión 'Solar wind Magnetosphere Ionosphere Link Explorer', Smile, en cooperación coa China, para explorar a conexión Sol-Terra.[23]
No 2020 Mantén un proxecto en colaboración (HEXAFLY-INT) para o desenvolvemento dun Vehículo experimental de test de vóo (EFTV, polas súas siglas en inglés) para velocidades de Mach 7 que aproveita a propia onda de choque no seu avance atmosférico para 'surfeala'.[32]
En marzo de 2020 o grupo DISC está a empregar a constelación de satélites SWARM está a estudar a anomalía magnética do Atlántico Sur.[33]
En maio de 2020 a ESA anunciou a recollida de ideas para aproveitar o seu proxecto EL3 (European Large Logistics Lander, Gran Módulo Europeo de Alunaxe), que pretende levar misións á superficie da Lúa de xeito regular.[34]
Cosmic Vision
[editar | editar a fonte]Cosmic Vision é o planeamento da ESA para o período 2015-2025, abranguendo diversas misións, como a Solar Orbiter (primeira misión asignada a Cosmic Vision), en conxunto coa NASA, que comezará a operar en 2010.[35][36]
Outros apartados
[editar | editar a fonte]A ESA mantén ademais abertas oficinas sobre diversos temas, como a Prevención de Refugallos Espaciais e a Oficina de Refugallos Espaciais, que publica un informe anual sobre o lixo espacial.[37] Asemade, proporciona información diversa, entre ela sobre parámetros relacionados co cambio climático, para o que ten un portal Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine..[38]
Contribúe con axencias e institucións de diversos países ó lanzamento dos seus propios satélites, como no caso de SEOSAT-Ingenio.[39]
Asemade, participa en desenvolvemento diversos, como ocorre a través do ESA’s Navigation Innovation and Support Programme (NAVISP) para desenvolver a intelixencia artificial arredor da condución autónoma,[40] e en colaboracións con outras axencias espaciais, non só coa NASA, coa que xa ten colaborado en numerosas ocasións, senón con outras axencias como a CAS (China), coa que leva a cabo o Balloon boom en 2022.[41]
O 28 de febreiro de 2022, no marco das sancións internacionais contra Rusia, a ESA suspende a colaboración coa axencia rusa Roscosmos, despois de serlle negados varios impulsores Soiuz, o que afecta entre outros, ó programa que ten como obxectivo Marte.[42]
No 2023 lidera o 'Zero debris charter', grupo para lograr parar a perigosidade que supón a contaminación do espazo por partículas refugallos das misións espaciais.[43]
Propostas para o futuro
[editar | editar a fonte]Aínda co plan Cosmic Vision 2015-2025 en marcha, e tendo en conta que do comezo da concepción dunha misión ata o cumprimento dos seus obxectivos e obtención de resultados científicos poden pasar vinte anos, no 2019 comeza a traballar no programa Voyage 2050, que pretende deseñar os pasos que a ESA dará no período 2035-2050, anunciando por primeira vez o comezo dunha consulta pública.[44] En 2023 ten prevista a misión "Explorador da Ligazón Vento Solar-Magnetosfera-Ionosfera" (SMILE), en colaboración entre Europa e a China, que profundizará na relación Sol-Terra.[45]
Amais das misións espaciais, a ESA procura a difusión do seu traballo, a aplicación da tecnoloxía espacial (como no caso do reciclado de auga no espazo, baseado no MELiSSA (Micro-Ecological Life Support System Alternative) aplicado en diversos lugares na superficie terrestre[46]), a aplicación da intelixencia artificial para predicir o futuro terrestre[47] e o ensino do espazo, entre outras actividades,[48] lanzando diversas campañas.[49][50]
A raíz dunha consulta lanzada en 2019, en 2021 estanse a xestar varias aproximacións para a exploración das covas lunares. Entre as propostas, hai unha na que participan a Universidade de Oviedo xunto coa Universidade de Vigo e Alén Space.[51]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mediavilla, Daniel (2019-02-13). "“Encontraremos señales de formas simples de vida fuera de la Tierra en los próximos años”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-17.
- ↑ "Marking five years of Estonia in ESA". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-01.
- ↑ "Latvia becomes ESA Associate Member State". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-07-30.
- ↑ ESA (ed.). "New Member States" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ "Jean-Marie Luton, 1942-2020". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "Reappointment of ESA Director General and other Directors". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "Jean-Jacques Dordain to continue as Director General of ESA". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "Jan Wörner, ESA Director General". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-17.
- ↑ "Josef Aschbacher is new ESA Director General". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-03-01.
- ↑ "40 anos da ESA". Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ "What is ESA?" (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ esa. "New financial resources for Copernicus space component". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-22.
- ↑ 13,0 13,1 "Beckoning Moon". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-24.
- ↑ esa. "Preparing astronaut lunar exploration". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-24.
- ↑ "Mirror array for LSS". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-04-17.
- ↑ esa. "Week in images". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-11.
- ↑ "ESA scales down science mission operations amid pandemic". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-24.
- ↑ Mark Wade (2021). "Spacelab" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2021.
- ↑ "Spacelab-1: 40 years on". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-11-16.
- ↑ "Vega regresa con un nuevo servicio de viaje compartido". www.esa.int (en castelán). Consultado o 2020-09-03.
- ↑ esa. "Günther Hasinger’s science vision". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-05.
- ↑ 23,0 23,1 esa. "ESA gives go-ahead for Smile mission with China". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ "Ten Suns for 10 years". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-11-11.
- ↑ "Proba-V view of Galápagos". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-03-27.
- ↑ "AMS: ready to discover the particle universe". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-11-20.
- ↑ esa. "Introducing Aeolus". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-07.
- ↑ esa. "Where no mission has gone before". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-22.
- ↑ "BepiColombo operations". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06.
- ↑ esa. "¿Qué tipo de planetas estudiará Cheops?". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Hypersonic surfing". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Swarm estudia el debilitamiento del campo magnético terrestre". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-05-21.
- ↑ "Viaja a la Luna con el Gran Módulo Logístico de Aterrizaje Europeo". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-06-01.
- ↑ esa. "El equinoccio en el Sol, con SOHO". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-03-27.
- ↑ "Solar Orbiter during thermal-vacuum tests". European Space Agency (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-01.
- ↑ "La basura espacial, a día de hoy". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-14.
- ↑ "New website puts climate in your hands". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-21.
- ↑ "SEOSAT-Ingenio: fully loaded". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-22.
- ↑ "Autonomous driving on intelligent road at Europe’s edge". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Balloon boom". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-02-18.
- ↑ "ESA statement regarding cooperation with Russia following a meeting with Member States on 28 February 2022". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-02-28.
- ↑ "World-first Zero Debris Charter goes live". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2023-11-06.
- ↑ esa. "Help shape ESA’s space science programme". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-03-04.
- ↑ "Cluster cumple veinte años estudiando la magnetosfera terrestre". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-17.
- ↑ "Water on land and in the air". Chronicles from Concordia. 2019-03-22. Consultado o 2019-10-08.
- ↑ "Using AI to predict Earth’s future". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2019-11-20.
- ↑ esa. "Seeking innovative ideas: space for the oceans". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-02.
- ↑ "Open Space Innovation Platform - OSIP - Campaigns". ideas.esa.int. Consultado o 2019-05-02.
- ↑ esa. "Los detectives climáticos regresan con la segunda edición de Climate Detectives". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-09-29.
- ↑ "ESA plans mission to explore lunar caves". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-02-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Axencia Espacial Europea |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de programas e misións da Axencia Europea do Espazo
- Axencia Espacial Canadense
- Administración Espacial Nacional Chinesa
- National Aeronautics and Space Administration
- Axencia Italiana do Espazo
- Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
- Roscosmos
- Programa espacial soviético (histórico)
- Reimar Lüst, Director Xeral entre 1984 e 1990.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Axencia Europea do Espazo
- [1] Boletín informativo da ESA, en liña
- Podcast da ESA
- Datos sobre o cambio climático na ESA Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine..