Saltar ao contido

William Toby White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilliam Toby White
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Formación profesionalDoutor en Ciencias Biolóxícas
EducaciónUniversidade Murdoch (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo, ictiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInvestigador do CSIRO Oceans and Atmosphere de Australia


William Toby White é un ictiólogo australiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

White recibiu o título de BSc (bacharelato en Ciencias) en 1997 e o de doutoramento en Ciencias Biolóxicas en 2003 na Universidade de Murdoch, de Perth, Australia.

Na súa tese de doutoramento, "Aspects of the biology of elasmobranchs in a subtropical embayment in Western Australia and of chondrichthyan fisheries in Indonesia", examinou
1. A distrinución espacial dos recursos alimentarios dispoñíbeis para as especies de tiburóns e raias nas costas de Australia e,
2. As frecuencias relativas destas especies capturadas nas pesqueiras nas costas do sueste de Indonesia.[1]

De 2004 a 2006 realizou a súa formación posdoutoral, tamén na Universidade de Murdoch.

White centrou os seus estudos na especiación e a biodiversidade das especies de tiburóns e raias (subclase dos elasmobranquios) a través da sistemática morfolóxica e molecular.[2]

Desde 2006, White traballa como ictiólogo na Australian National Fish Collection, que forma parte das instalacións de investigacións mariñas e atmosféricas CSIRO en Hobart, a capital do estado australiano de Tasmania.

A partir de 2014 foi o autor de polo menos 137 publicacións, que foron citadas polo menos 1767 veces.[3]

Describiu máis de 50 novas especies de tiburóns e raias, así como 7 novos peixes teleósteos en publicacións das que foi autor ou coautor,[4] incluíndo o descubrimento e nomeamento da especie de tiburón Squalus formosus.[5]

Outra área de interese das súas investigacións é a xestión pesqueira dos países en desenvolvemento, particularmente en Papúa Nova Guinea e no arquipélago indonesio.[4]

Desde 2011 é o editor da revista Ichthyological Research.[6]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura White emprégase para recoñecer a William Toby White como autoridade na descrición e taxonomía en bioloxía.

  1. White, William Toby (2003): Aspects of the biology of elasmobranchs in a subtropical embayment in Western Australia and of chondrichthyan fisheries in Indonesia. Murdoch University.
  2. Dr Will White. Ichthyologist en csiro.au
  3. William White. CSIRO Marine & Atmospheric Research Google Scholars. Conssultado o 7 de abril de 2022.
  4. 4,0 4,1 Publicacións de William Toby White en ResearchGate. Conssultado o 7 de abril de 2022.
  5. Roach, John (2011): "New Shark Species Found in Food Market". National Geographic. Conssultada o 7 de abril de 2022.
  6. [https://web.archive.org/web/20210916123804/https://www.springer.com/journal/10228/editors Arquivado 16 de setembro de 2021 en Wayback Machine. Ichthyological Research.