Walt Hansgen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1919 Westfield, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 7 de abril de 1966 (46 anos) Orleáns, Francia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Walter Edwin Hansgen, nado en Westfield (Nova Jersey) o 28 de outubro de 1919 e finado en Orléans (Francia) o 7 de abril de 1966 foi un piloto de automobilismo estadounidense. A súa andaina nas carreiras comezou como piloto de automobilismo de velocidade. Tiña corenta e un anos no momento do seu debut no Grand Prix e corenta e seis cando morreu, varios días despois de sufrir un accidente durante as probas para as 24 Horas de Le Mans de 1966.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hansgen participou en dous Grandes Premios de Fórmula 1, debutando o 8 de outubro de 1961 en Watkins Glen, Nova York. Logrou un total de dous puntos de campionato. En 1964 pilotou un MG Liquid Suspension Special, cun motor Offenhauser, para Kjell Qvale, na Indianápolis 500. Rematou 13º naquela carreira. Regresou novamente en 1965, no MG-Huffaker-Offenhauser, onde terminou 14º.
Ademais da Fórmula Un, Walt Hansgen foi un piloto dominante nas tempada da década de 1950 e 1960, gañando numerosas carreiras no VIR, no famoso circuíto de Bridgehampton, e en Watkins Glen ata a súa morte en nás 24 Horas de Le Mans en Francia en 1966.
Pilotando para Briggs Cunningham e John Mecom. Hansgen gañou a carreira de Fórmula Junior no primeiro Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 en Sebring, Florida, o 12 de decembro de 1959, pilotando un Stanguellini.[1] Hansen gañou o Monterey Grand Prix, en Laguna Seca Raceway, o 17 de outubro de 1965, pilotando un Lola T70 - Ford de John Mecom.[2] Participou en varias carreiras das 24 Horas de Daytona e Le Mans e as 12 Horas de Sebring. Tamén é famoso pola introdución de Mark Donohue nás carreiras profesionais.
Hansgen morreu ao estrelarse cun coche deportivo Ford GT 40 Mk2 de 7 litros mentres pilotaba baixo a choiva durante as probas de Le Mans o 3 de abril de 1966.[3] "Un portavoz de Ford dixo que o coche de Hansgen pareceu facer aquaplaning na pista mollada impedindo que o piloto o puidese controlar".[4] Os membros do equipo Ford máis tarde dixeron que Hansgen seguiu empuxando forte baixo a chuvia, aínda que fora advertido polo director do equipo Carroll Smith para que aminorara.[5] No libro de Mark Donohue, The Unfair Advantage di que Hansgen intentou saír por unha vía de escape só para descubrir demasiado tarde que se construíra unha barreira nela para seguridade dos espectadores.[6]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]SCCA National Championship Runoffs
[editar | editar a fonte]Ano | Clase | Coche | Posición |
---|---|---|---|
1956 | C Modified | Jaguar D-Type | 1º |
1957 | C Modified | Jaguar D-Type | 1º |
1958 | C Modified | Jaguar D-Type | 1º |
1959 | C Modified | Lister Jaguar | 1º |
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Momo Corporation | Cooper T53 | Climax L4 | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | USA Ret |
NC | 0 | ||
1964 | Team Lotus | Lotus 33 | Climax V8 | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | USA 5 |
MEX | 16º | 2 |
500 Millas de Indianápolis
[editar | editar a fonte]Ano | Chasis | Motor | Grella | Final | Equipo |
---|---|---|---|---|---|
1964 | Huffaker | Offy | 10 | 13 | Kjell Qvale |
1965 | Huffaker | Offy | 21 | 14 | Kjell Qvale |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Competition Press, 31 de decembro de 1959, Page 8.
- ↑ Competition Press & Autoweek, 13 de novembro de 1965, Pages 1, 6.
- ↑ Competition Press & Autoweek, 23 de xullo de 1966, Page 3.
- ↑ Springfield Sunday Republican, 3 de abril de 1966, Page 7.
- ↑ Shelby GT 40, Friedman, Dave, 1995, pg. 96
- ↑ The Unfair Advantage
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Walt Hansgen |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Argetsinger, M. (2006): Walt Hansgen, His Life and the History of Post-War American Road Racing, David Bull Publishing, ISBN 9781893618541
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Road Racing Drivers Club - see members bio list - biography and photograph (includes biographies of all ever invited to join Road Racing Drivers Club, living and deceased)