Suzi Quatro
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Susan Kay Quatro 3 de xuño de 1950 (74 anos) Detroit, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | guitarrista, actriz de teatro, actriz de televisión, locutora de radio, actriz, cantante, cantautora, artista discográfico |
Período de actividade | 1964 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Pop rock e Glam rock |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Baixo, guitarra e voz |
Selo discográfico | Arista Bell Records (pt) Mercury Records |
Familia | |
Cónxuxe | Rainer Haas (1993–) Len Tuckey (1976–1992), divorcio |
Nai | Helen Sanislay |
Irmáns | Patti Quatro Arlene Quatro |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | suziquatro.com |
|
Susan Kay "Suzi" Quatro,[1] nada en Detroit o 3 de xuño de 1950, é unha cantautora, baixista e actriz estadounidense-británica, a primeira muller baixista que se converteu nunha estrela de rock coñecida, o que rompeu unha barreira para que as mulleres participasen no rock.[2][3]
Na década de 1970, Quatro tivo unha cadea de éxitos que tiveron máis éxito en Europa e Australia que no seu país. Porén, tras un papel recorrente como a baixista Leather Tuscadero na popular serie estadounidense Happy Days en 1977 e o seu dúo "Stumblin' In" con Chris Norman, que chegou ao número 4 nos Estados Unidos en 1979, fíxose famosa tamén para o público estadounidense.
Entre 1973 e 1980, Quatro recibiu seis premios Bravo Otto. En 2010, foi votada para ser incluída no Salón da Fama do Rock de Míchigan. Vendeu máis de 50 millóns de discos.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Suzi Quatro naceu e criouse en Grosse Pointe, un dos barrios de Detroit, Míchigan.[5] O seu pai, Arthur Quatro, era de ascendencia italiana, e a súa nai era húngara. O apelido familiar era "Quattrocchi", mais foi acurtado a Quatro.[6] A súa irmá Arlene é a nai da actriz Sherilyn Fenn.[7] A súa irmá Patti uniuse a Fanny, un dos primeiros grupos femininos que tivo atención nacional.[8] Quatro ten un irmán, Michael, tamén músico.[9]
O seu pai fundou un grupo chamado Trio Art Quatro, en que Suzi debutou con oito anos.[10] Cunha gran tradición musical na familia, Suzi estudou piano, aínda que se inclinou polo son do rock and roll. Aprendeu a tocar o baixo de forma autodidacta.[11] Comezou a súa carreira nos grupos Pleasure Seekers[12][13] e Cradle, xunto ás súas irmás Patti, Nancy e Arlene.[14] En 1971 mudouse ao Reino Unido despois de que a descubrise o produtor musical Mickie Most, que xa era coñecido polo seu traballo co grupo Sweet.
O seu primeiro sinxelo, "Rolling Stone", só triunfou en Portugal, onde chegou a ser número un en vendas.[13] O produtor musical Mickie Most puxo entón en contacto a Quatro co equipo creativo de Nicky Chinn e Mike Chapman, e con eles o seu segundo sinxelo "Can the Can", de 1973, chegou ao número un en Europa e Australia.[15]> A continuación, obtivo tres éxitos máis, "48 Crash", "Daytona Demon" e "Devil Gate Drive", todos con RAK Records. Os seus primeiros dous álbums tamén lograron o éxito en Europa e Australia.
Porén, o éxito non chegaba nos Estados Unidos, a pesar das súas xiras como abreconcertos de Alice Cooper[16] e a partir de 1975 a súa popularidade entrou en declive agás en Australia. Converteuse nesa época en musa e inspiración de Rick Derringer, que deseñou a súa aparencia andróxina como imitación do estilo de Quatro.
En 1978 volveu ao top 10 das listaxes do Reino Unido e de Australia con "If You Can't Give Me Love", sen acadar resonancia nos Estados Unidos; con todo, ao unir esforzos en 1979 con Chris Norman, da banda Smokie, coa canción "Stumblin' In", alcanzou o posto 4 no seu país.[16] En 1985, Quatro colaborou con Bronski Beat e con membros de The Kinks, Eddie & The Hot Rods e Dr. Feelgood nunha versión do clásico de David Bowie Heroes, producida por Mark Cunningham e lanzada en 1986 como sinxelo do programa da BBC Children In Need.
Quatro casou co seu guitarrista Len Tuckey en 1976, tiveron dous fillos (Laura, en 1982, e Richard Leonard, en 1984) e divorciáronse en 1992. Posteriormente, en 1993, casou co promotor de concertos Rainer Haas.
En 2006, Quatro puxo a voz de Rio Rogers no filme Built To Be Wild.[17] En febreiro dese mesmo ano lanzou un disco titulado Back To The Drive, producido por Andy Scott.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Suzi Quatro (1973)
- Quatro (1974)
- Your Mamma Won't Like Me (1975)
- Aggro-Phobia (1976)
- If You Knew Suzi... (1978)
- Suzi ... and Other Four Letter Words (1979)
- Rock Hard (1980)
- Main Attraction (1982)
- Annie Get Your Gun – 1986 London Cast (1986)
- Oh, Suzi Q. (1990)
- What Goes Around – Greatest & Latest (1995)
- Unreleased Emotion (1998)
- Free the Butterfly (1999)
- Back to the Drive (2006)
- In the Spotlight (2011)
- Quatro, Scott & Powell (2017)
- No Control (2019)
- The Devil in Me (2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quatro, Suzi (2008). Unzipped. Londres: Hodder & Stoughton. pp. 334–335.
- ↑ Callwood, Brett. "Glycerine queen, forever! - Music - Detroit Metro Times, page 3". metrotimes.com. Scranton, Pennsylvania: Metro Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013.
- ↑ Auslander, Philip (28 de xaneiro de 2004). "I Wanna Be Your Man: Suzi Quatro's musical androgyny" (PDF). Popular Music (1 ed.) (Reino Unido: Cambridge University Press) 23: 1–16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2013. Consultado o 25 de abril de 2012.
- ↑ Pukas, Anna (25 de xullo de 2013). "Suzi Quatro: the original rock chick". Express.co.uk.
- ↑ Jack Lloyd. "Image is Tough for Suzi Quatro." Lexington (KY) Herald, 25 de abril de 1974, p. 20.
- ↑ Quatro, Suzi (2008) [2007]. Unzipped. Londres: Hodder & Stoughton. p. 10. ISBN 978-0-340-93751-8.
- ↑ "Sherilyn Fenn". Filmreference.com. Consultado o 20 de xullo de 2011.
- ↑ Anderman, Joan (20 de abril de 2007). "Rocking the Boat". Boston Globe.
- ↑ "Michael". Quatrophonic.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011.
- ↑ "Quatro, Suzi". Encyclopedia of Popular Music. Oxford Music Online. 7 de abril de 2006. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Glycerine queen, forever!". metrotimes.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ Panda, Sergio. "Roxy Roller" (en inglés). Consultado o 2008.
- ↑ 13,0 13,1 "Quatro, Suzi". Gale Musician Profiles. Consultado o 1 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Michigan Rock and Roll Legends – SUZI QUATRO". Michigan: Michigan Rock and Roll Legends. Consultado o 6 de decembro de 2011.
- ↑ Murrells, Joseph (1978). The Book of Golden Discs (2nd ed.). London: Barrie and Jenkins Ltd. pp. 334–335, 349. ISBN 978-0-214-20512-5.
- ↑ 16,0 16,1 Strong (2000). The Great Rock Discography (5th ed.). Edimburgo: Mojo Books. pp. 785–786. ISBN 978-1-84195-017-4.
- ↑ "Bob the Builder: Built to be Wild". Toonhound.com. 8 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suzi Quatro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Entrevista a Suzi Quatro Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- Sitio de fanes de Suzi Quatro