Nintendo DSi
A Nintendo DSi (en xaponés: ニンテンドーDSi, Nintendō Dī Esu Ai) é unha videoconsola de peto que foi producida pola empresa xaponesa Nintendo. Constitúe a terceira variante do modelo Nintendo DS, tras esta e a Nintendo DS Lite. Como consola da oitava xeración competiu coa PlayStation Portable de Sony. Saíu ó mercado no Xapón, Oceanía, Europa e América entre 2008 e 2009.
Características
[editar | editar a fonte]Mantén os principais atributos da DS Lite con poucos cambios estéticos, e un pouco máis pequena e a principal característica da DSi é a inclusión de dúas cámaras dixitais interactivas que se poden incorporar ós xogos ou utilizar como se fose unha cámara normal. A DSi tamén inclúe conectividade con DSiWare, unha tenda en liña, memoria interna e posibilidade de almacenamento externo, así como un lector de tarxetas SD, o navegador web Opera e lector son que suporta só o formato AAC. Os xogos da DS Lite son compatibles, pero a diferenza desta non presenta o slot-2 que permite conectar cartuchos da Game Boy Advance.
Nintendo comezouna a desenvolver en 2006, presentándoa en outubro de 2008 na Conferencia Nintendo de Toquio. Comezou a comercializarse no Xapón o 1 de novembro de 2008.
A DSi XL
[editar | editar a fonte]A Nintendo DSi XL (coñecida no Xapón como Nintendo DSi LL, en xaponés ニンテンドーDSi LL, Nintendō Dī Esu Ai Eru Eru) foi a cuarta revisión da videoconsola portátil Nintendo DS. Foi anunciada o 29 de outubro de 2009 e lanzada ao mercado xaponés en novembro dese mesmo ano (e uns poucos meses despois no resto do mundo). A DSi XL saíu á venda en España o 5 de marzo de 2010.[1]
A consola non estaba pensada para ser unha continuación da DSi, senón para complementala e coexistir no mercado, aínda que para diferentes públicos, ademais de seguir mantendo o liderado fronte ao sistema PlayStation Portable (PSP) de Sony.
A Nintendo DSi XL inclúe todas as funcións da Nintendo DSi: dúas cámaras de fotos, editor de imaxes e son, gravadora e reprodutor de son, a posibilidade de descargar programas directamente á consola dende a aplicación Tenda Nintendo DSi e incluíndo o navegador web Nintendo DSi Browser para navegar en Internet a través de redes inalámbricas Wi-Fi. Pero sobre todo, o que máis destaca nesta consola son as dúas pantallas claramente máis grandes ca as da DSi; son un 93% máis grandes ca as da DS Lite.[1] A produción da DSi XL foi finalizada o 20 de abril de 2013.
Notas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |