2M1207b
2M1207b | |
---|---|
Comparación entre o tamaño de 2M1207b é Xúpiter. | |
Estrela Nai | |
Estrela | 2M1207 |
Constelación | Centaurus |
Ascensión recta | (α) 12h 07m 33.47s[1] |
Declinación | (δ) −39° 32′ 54.0″[1] |
Distancia | 172 ± 3 al 52,75+1,04 −1,00[2] pc |
Tipo espectral | M8[1] |
Separación Época 2005[3] |
|
Separación angular | (ρ) 769 ± 10[3] mas |
Ángulo de posición | (θ) 125,6 ± 0,7[3] º |
Separsación estimada | (d) 40,6 ± 1,3[4] UA |
Características Físicas | |
Masa | (m sin i) 4 ++6 −-1 Mx |
Raio | (r) 1,5[5] Rx |
Temperatura | (T) 1600 ± 100[3] K |
Descubrimento | |
Descuberto por | Chauvin e col. |
Data do descubrimento | Abril do 2004 |
Método da detección | Imaxe |
Status do descubrimento | Publicado[6] |
Outras designacións | |
HD 3651 b | |
Referencias nas bases de datos | |
Extrasolar Planets Encyclopaedia | data |
SIMBAD | data |
2M1207b é un planeta extrasolar que orbita ó redor da estrela anana marrón 2M1207 na constelación de Centaurus, e está a preto de 170 anos luz da Terra.[2] Destacado por ser un dos primeiros candidatos a planeta extrasolar observados directamente (a través de imaxes no infravermello), foi descuberto en abril de 2004 polo Very Large Telescope (VLT) dende o Observatorio de Paranal, Chile, por un equipo do Observatorio Europeo do Sur liderado por Gaël Chauvin.[6] Pénsase que ten entre 3 a 10 veces a masa de Xúpiter e podería orbitar ó redor da súa estrela primaria a unha gran distancia, semellante á distancia a que orbita Plutón ó redor do noso Sol.[5]
Este planeta é un xigante gasoso moi quente, a temperatura estimada da superficie é de aproximadamente 1.600 K (1.300 °C ou 2.400 °F), principalmente debido á contracción gravitacional.[3] A súa masa está ben por baixo do límite calculado para a fusión do deuterio en ananas marróns, que é de 13 masas de Xúpiter. A proxección da distancia entre 2M1207b e a súa estrela primaria é de preto de 40 UA (Similar á distancia media entre Plutón e o Sol).[4] O espectro infravermello indica a presenza de moléculas de auga na súa atmosfera.[7] O obxecto non é un probable candidato para sustenta-la vida, tanto na súa superficie ou en calquera dos seus satélites.
Descubrimento, identificación e propiedades
[editar | editar a fonte]2M1207b é preto de 100 veces máis débil no ceo que a súa compañeira.[8] Detectouse por primeira vez coma un "puntiño avermellado de luz" en 2004 polo VLT. Trala observación de inicio, había algunha dúbida en canto a saber se os obxectos podían ser só unha simple binaria óptica, pero observacións posteriores do Telescopio Espacial Hubble e do VLT demostraron que os obxectos móvense xuntos e son, polo tanto, presuntamente un sistema binario.[7]
O valor inicial da estimación fotométrica da distancia ata 2M1207b era de 70 parsecs.[2] En decembro do 2005, o astrónomo norteamericano Eric Mamajek informou dunha avaliación máis precisa da distancia (53 ± 6 parsecs) para 2M1207b usando o método de cúmulo en movemento.[9] Recentes resultados das paralaxes trigonométricas confirmaron esta distancia de cúmulo en movemento, levando a unha estimación de distancia de 52,75 +1,04
−1,00 parsec ou 172 ± 3 anos luz.[2]
As estimacións para a masa, tamaño e temperatura de 2M1207b aínda son moi pouco precisas. Aínda que as evidencias espectroscópicas son consistentes cunha masa de 8 ± 2 masas de Xúpiter e unha temperatura de superficie de 1600 ± 100 K, os modelos teóricos para este obxecto predín unha luminosidade 10 veces maior cá observada. Debido a isto, foron propostas estimacións máis baixas para a masa e temperatura. Alternativamente, 2M1207b pode estar escurecido por un disco de po e gas.[3] Como unha posibilidade improbable, Mamajek e Michael Meyer suxiren que o planeta é realmente moi pequeno, pero está irradiando calor xerada por unha recente colisión.[10][11]
Aínda que a masa de 2M1207b é menor que a necesaria para que a fusión do deuterio comece, isto ocorre a partir das 13 masas de Xúpiter, e a imaxe de 2M1207b foi amplamente aclamada coma a primeira imaxe directa dun planeta extrasolar, pode ser cuestionado se 2M1207b é realmente un planeta. Algunhas definicións do termo planeta esixen que un planeta se teñan formado do mesmo xeito cós planetas do noso Sistema Solar, por acrecentamento nun disco protoplanetario.[12] Con esta definición, se 2M1207b se formou directamente por colapso gravitacional dentro dunha nebulosa de gas, sería clasificado como unha sub-anana marrón, no canto dun planeta. Un debate similar existe en relación á identidade de GQ Lupi b, tamén fotografada por primeira vez en 2004.[13] Por outra banda, o descubrimento de casos marxinais como o de Cha 110913-773444-a, poñen en riba da mesa a cuestión se distinguir polo xeito da súa formación é unha forma razoable de distinguir entre estrelas/ananas marróns e planetas.[14] No 2006, a Unión Astronómica Internacional, a través do seu grupo de traballo sobre planetas extrasolares, describían a 2M1207b coma "un posible compañeiro planetario masivo que podería ser unha anana marrón".[15]
Citas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Simbad:[http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-id?Ident=2MASS%20J12073346-3932539 2M1207A}}, entrada en SIMBAD. Consultado o 15-06-2008.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 ~ emamajek/memo_2m1207.html "A distancia ó sistema 2M1207", Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 xuño do 2008.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (March 2007), pp. 1064–1091. Bibcode:2007ApJ...657.1064M, Doi:10.1086/510877.
- ↑ 4,0 4,1 A proxección estimada da separación observada obtívose da separación angular observada e distancia estimada.
- ↑ 5,0 5,1 Star: 2M1207 Arquivado 06 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008.
- ↑ 6,0 6,1 A giant planet candidate near a young brown dwarf. Direct VLT/NACO observations using IR wavefront sensing, G. Chauvin, A.-M. Lagrange, C. Dumas, B. Zuckerman, D. Mouillet, I. Song, J.-L. Beuzit, P. Lowrance, Astronomy and Astrophysics, 425 (October 2004), pp. L29–L32. Bibcode:2004A&A...425L..29C, Doi:10.1051/0004-6361:200400056.
- ↑ 7,0 7,1 Si, é a imaxe dun exoplaneta: Astrónomos confirman a primeira imaxe dun planeta fora do noso sistema solar, ESO Press Release 12/05, 30 de abril de 2005, Observatorio Europeo do Sur. Consultado o 10 de xullo do 2010.
- ↑ Luminosidade bolométrica, Táboa 1, Mohanty 2007.
- ↑ Mamajek (2005). "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207b in the TW Hydrae Association". The Astrophysical Journal 634 (2): 1385–1394. Bibcode:2005ApJ...634.1385M. arXiv:astro-ph/0507416. doi:10.1086/468181.
- ↑ An Improbable Solution to the Underluminosity of 2M1207B: A Hot Protoplanet Collision Afterglow, Eric E. Mamajek and Michael R. Meyer, Astrophysical Journal 668, #2 (October 2007), pp. L175–L178. Bibcode:2007ApJ...668L.175M, Doi:10.1086/522957.
- ↑ "Planet collision could explain alien world's heat". NewScientist Space Website. 09-01-2008. Arquivado dende o orixinal o 10-01-2008. Consultado o 11-01-2008.
- ↑ E.g., Soter, in What Is a Planet?, Astronomical Journal 132, #6 (December 2006), pp. 2513–2519. Bibcode:2006AJ....132.2513S, Doi:10.1086/508861.
- ↑ Fresh Debate over First Photo of Extrasolar Planet, Robert Roy Britt, space.com, April 30, 2005. Consultado 0 16 de xuños do 2008.
- ↑ A Planet With Planets? Spitzer Finds Cosmic Oddball Arquivado 11 de outubro de 2012 en Wayback Machine., Whitney Clavin, news article, NASA, November 29, 2005. Consultado o 16 de xuño do 2008.
- ↑ Lists of Extrasolar Planets Arquivado 19 de xuño de 2008 en Wayback Machine., IAU Working Group on Extrasolar Planets, August 28, 2006. Consultado o 15 de xuño do 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: 2M1207b |
- ESO Press Release 12/05:Yes, it is the Image of an Exoplanet
- BBC: Planet 'seen' around distant sun
- Space.com - Astronomers Confident: Planet Beyond Solar System Has Been Photographed
- Space.com article on the discovery
- Jean Schneider (2011). "Notes for Planet 2M1207 b". Extrasolar Planets Encyclopaedia. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2011. Consultado o 3 October 2011.
- "A Giant Planet Candidate Near a Young Brown Dwarf" (PDF) from the European Southern Observatory.
- Space.com: Fresh Debate over First Photo of Extrasolar Planet
- "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207 B in the TW Hydrae Association"
- "The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk"
- "Planet collision could explain alien world's heat"