Saltar ao contido

Ciencia dos materiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
As divisións da ciencia dos materiais Estrutura, Procesamento, Prestacións e Propiedades.

A ciencia dos materiais é a rama da ciencia relativa ao estudo dos materiais e á relación entre as súas propiedades, estrutura, prestacións, formas de caracterización e procesamento.

Cada procesamento modifica a estrutura do material, alterando as súas propiedades, que á súa vez delimitan o seu emprego.

Historia

As civilizacións antigas foron designadas de acordo co dominio dos materiais: Idade da Pedra, Idade de Ferro etc. No inicio o home só tiña acceso aos materiais naturais, tales como pedras, madeira, ósos e peles. A noción inicial baseábase na dureza: as tribos con lanzas de madeira tiñan máis dificultade en abater unha presa que tribos utilizando puntas de pedra nas súas lanzas. Após o dominio do fogo, tomouse noción dos materiais inflamábeis e non inflamábeis, así como outras transformacións dependentes da temperatura.

Co pasar do tempo foise descubrindo a posibilidade de creación de novos materiais, como cerámica e outros metais. A creación de olas e vasos nos formatos desexados deu inicio a unha arte secular alén de facilitar o almacenamento e o transporte de obxectos, especialmente comida e grans. O descubrimento casual de fragmentos metálicos (en moitos casos provenientes de meteoritos), de gran valor e utilidade, cedeu o paso a procedementos metalúrxicos que foron descubertos tamén en parte por casualidade, dando lugar á Idade de Bronce e despois á Idade de Ferro.

Obxectivo da ciencia dos materias

Esta disciplina busca estudar as propiedades xerais dos materiais en función da súa estrutura e os procedementos aos que poden ser sometidos para mellorar estas propiedades.

Sólidos

Estrutura dun polímero, o polietileno.

Entre os sólidos existen dúas divisións, a primeira por ligazóns químicas:

e a segunda por propiedades físico-químicas ou materiais de enxeñaria:

Ámbitos

A estrutura cristalina é unha parte esencial nesta ciencia.

Áreas de estudo da ciencia dos materiais:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas