Saltar ao contido

Castelsarrasin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:Xeografía políticaCastelsarrasin
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°02′24″N 1°06′25″L / 44.04, 1.1069
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoTarn-et-Garonne Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación14.178 (2021) Editar o valor en Wikidata (184,68 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921316 Traducir
Q3550967 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie76,77 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Garona e Rio Tarn (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude84 m-61 m-97 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal82100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webville-castelsarrasin.fr Editar o valor en Wikidata

Castelsarrasin (fr.) ou Los Sarrasins (oc., non oficial), é un concello occitano situado no departamento de Tarn e Garona, na rexión de Mediodía-Pireneos.

Xeografía

Vila fortificada, está situada sobre o río Tarn, a uns 21 km ao leste de Montauban. Nunha extensión de 76,77 km², tiña en 1999 11.353 habitantes. É un concello moi baixo, cunha altitude comprendida entre os 61 e os 97 m sobre o nivel do mar.

Historia

O seu nome, que significa en occitano, castelo dos sarracenos parece referirse máis ao estilo arquitectónico de construción da fortificación da vila do que a unha suposta presenza ou dirección árabe dos traballos. As primeiras probas da existencia do poboamento de Los Sarrasins remonta a 961. Nesa volta, Reimundo I de Roergue dóalle á abadía de Moissac a igrexa de San Salvador e os seus terreos. Como gran parte das vilas occitanas, foi fortemente castigada durante a cruzada contra os albixenses, pero tamén por outros moitos conflitos armados. As guerras de relixión do século XVI, golpean na católica Los Sarrasins, que excepcionalmente mantén a igrexa intacta fronte aos ataques dos protestantes, que dominaban na rexión.

Na actualidade é o segundo centro económico do departamento de Tarn e Garona.

Cultura e turismo

O edificio máis importante de Castelsarrasin é a igrexa de San Salvador. Mencionada xa na doazón de 961, foi reconstruída en 1254. Tivo ata 1626 funcións conventuais como prioiro da abadía de Moissac, e ata a Revolución Francesa foi a máis importante das igrexas da diocese de Baixo Montauban. Construída en ladrillo conforme os patróns do gótico, destacan particularmente os seus obxectos de mobiliario, traídos a maior parte da abadía de Belleperche e os anxos de mármore.

Ademais, son tamén importantes a igrexa de San Xoán, fundada polos cabaleiros cruzados no século XII, a capela de Nosa Señora de Alem, así como a casa do concello, construída en 1827 e enfeitada con figuras mitolóxicas.

Véxase tamén

Ligazóns externas