Robert Lefkowitz
Robert Joseph Leftkowitz, nado en Nova York o 15 de abril de 1943, é un bioquímico estadounidense e profesor da Universidade de Duke coñecido polos seus estudos sobre os receptoras acoplados a proteínas G, polos que foi galardoado co Premio Nobel de Química no ano 2012, xunto a Brian Kobilka.
Traxectoria
Joseph Leftowitz é fillo de Max, un contable que traballaba en Manhattan e de Rose, unha profesora de primaria. Naceu e creceu nun complexo de apartamentos no Bronx. Graduouse en 1959 no Bronx High School of Science, á idade de 16 anos. Posteriormente, asistiu á Universidade de Columbia, onde estudou Química Orgánica avanzada e Físico-química, graduándose en 1962.[1]
Carreira
Leftkowitz realizou os seus primeiros descubrimentos coa adrenalina. Marcou as moléculas con isótopos radioactivos para poder observar cara a onde se dirixía a hormona nas células. Conseguiu así identificar uns receptores de adrenalina, chamados beta-adrenérxicos, estudando o seu funcionamento. Na década seguinte, uniuse ao seu equipo de investigación Brian Kobilka. Xuntos, comezaron a buscar os xenes que codificaban os receptores beta-adrenérxicos, que resultou ser moi similar a un receptor que capta luz no ollo. A partir de entón, atoparon unha serie de receptores semellantes: os receptores acoplados a proteínas G, polos cales ambos investigadores foron premiados co Premio Nobel no 2012.[2]
Notas
- ↑ "Robert J. Lefkowitz - Biographical". Consultado o 11 de outubro de 2012.
- ↑ "Nobel de Química 2012: Robert J. Lefkowitz y Brian K. Kobilka". La Vanguardia. 10 de outubro de 2012. Consultado o 3 de maio de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Predecesor: Dan Shechtman |
Premio Nobel de Química 2012 |
Sucesor: Martin Karplus Michael Levitt Arieh Warshel |