Saltar ao contido

Ab urbe condita libri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 11 de xaneiro de 2024 ás 20:47 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «substituíron á»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Este artigo trata sobre o libro de Tito Livio, para a expresión latina véxase: Ab urbe condita.
Ab urbe condita, 1493.

Ab urbe condita libri CXLII (Dende a fundación de Roma, 142 libros ou Dende a fundación da Cidade) é unha grande obra de Tito Livio que narra, segundo o esquema dos anais, a historia de Roma desde a chegada de Eneas a Italia até os funerais de Druso, fillastro de Augusto, no 9 a.C. O plano era, probabelmente, chegar aos 150 libros, coa morte do emperador.

A expresión AUC, "ab urbe condita" utilizábase para datar a partir da fundación da cidade de Roma.

Conservación

[editar | editar a fonte]
Ab Urbe condita, 1714

Ab urbe condita publicouse por grupos separados de libros, cinco (péntalos) ou dez (décadas), o que contribuíu para a dispersión, pois só se conservaron 35 para a posteridade:

Do resto da obra só se coñecen resumos (Periochae) compilados nos séculos III-IV para uso escolar, epítomes de Floro, Ampleio e Orosio e recompilacións de extractos, que xa cedo substituíron a obra xeral por seren moito máis breves e manexábeis.

A obra tivo grande relevancia durante a Idade Media e máis tarde. Para o fundador do método crítico filolóxico, B.G. Neibhur, as Historias (como ás veces se coñece tamén) mostran a riqueza da linguaxe en acepcións lexicolóxicas, innovacións sintácticas e tons poéticos, ao tempo que transmiten a serena conciencia da grandeza de Roma.

Historiografía

[editar | editar a fonte]

Ab urbe condita asóciase ás teorías retórico-artísticas isocráticas difundidas en Roma por Cicerón. Para Tito Livio, a historia é deleite e instrución. Por outra banda, imita a historiografía dramática helénica: modifica ou retoca os datos das fontes orixinais (Polibio, por exemplo, sobre a expansión romana no oriente grego); narra asedios, batallas ou diálogos reconstruindo narrativamente e alterando a realidade histórica..

A obra é rica en discursos directos e indirectos, o que mostra o escaso interese pola confirmación e o rigor. A historiografía de Livo pretende exaltar os grandes valores éticos, relixiosos e patrióticos da antiga Roma mediante a descrición de personalidades relevantes polas súas ideas morais.