Vea cava inferior
Vea cava inferior | ||
---|---|---|
Vea cava inferior (na parte inferior) | ||
Veas | ||
Latín | vena cava inferior | |
Sitio(s) drenado(s) | Membros inferiores Vísceras abdominais Vísceras pélvicas | |
Orixe | vea ilíaca primitiva dereita vea ilíaca primitiva esquerda | |
Drena en | aurícula dereita | |
Arteria | arteria aorta abdominal | |
Precursor | common cardinal veins | |
MeSH | [1] |
A vea cava inferior (abreviado VCI) é un tronco venoso ou vea de gran calibre no corpo humano e outros mamíferos, que retorna o sangue dende os membros inferiores, os órganos do abdome e a pelvis até a aurícula dereita do corazón. É unha vea satélite da aorta abdominal, e é responsábel do retorno venoso de todas as veas infradiafragmáticas. No ser humano adoita medir unha media de 22 cm de lonxitude, dos cales 18 cm corresponden ao seu percorrido no abdome. A vea cava inferior ten un calibre de 20 mm na súa porción máis inferior, mentres que pode chegar até os 30 mm na súa porción superior, con dúas zonas de ancheamento a nivel dos riles e outro por enriba do fígado.[1]
Tributarias
[editar | editar a fonte]Tributarias da vea cava inferior | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Nome | Nivel | ||||||
Veas diafragmáticas inferiores | T8 | ||||||
Vea hepática | T8 | ||||||
Veas suprarrenais | L1 | ||||||
Veas renais | L1 | ||||||
Veas gonadais (vea ovárica e vea espermática) | L2 | ||||||
Veas lumbares | L1-L5 | ||||||
Veas ilíacas primitivas | L5 |
A vea cava inferior está formada pola unión das veas ilíacas primitivas esquerda e dereita. Tamén se anastomosa co sistema das veas ácigos, que percorre o lado dereito da columna vertebral, e os plexos venosos xunto a medula espiñal. Por mor de non se atopar na liña media do corpo, existen algunhas asimetrías nos patróns de drenaxe das tributarias. As veas gonadais do lado dereito e a vea suprarrenal dereita drenan cara á vea cava inferior, mais as veas do lado esquerdo drenan á vea renal esquerda, que á súa vez drena á vea cava inferior.
Patoloxías
[editar | editar a fonte]Algúns suxeitos teñen dúas veas cavas inferiores até que as dúas se unen xusto por embaixo do fígado. Outros naceron sen a vea cava inferior e o retorno venoso é realizado polo sistema das veas ácigos. Neste último caso de axenesia de vea cava inferior dá lugar a un drenaxe venoso anómalo das extremidades inferiores, polo que aumenta o risco de trombose venosa profunda e de tromboembolismo pulmonar.[2]
En doentes con trombose venosa profunda en membros inferiores e embolia pulmonar que non son quen de ter a anticoagulación coma opción terapéutica, o prodecemento de elección é a implantación dun filtro na vea cava inferior, que impide o paso de émbolos dende os membros inferiores até a circulación pulmonar.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bouchet, Alain; Jacques Cuilleret (1997). Anatomía da rexión retroperitoneal (en castelán). Editorial Médica Panamericana. ISBN 9500601524.
- ↑ CASTRO, F. J. et al. Axenesia de vea cava inferior como factor de risco de tromboembolismo pulmonar . An. Med. Interna (Madrid) [online]. 2003, vol.20, n.6 [citado 2009-12-24], pp. 34-36. ISSN 0212-7199.
- ↑ ARRIAGADA J, Ivette et al. Interrupción da vea cava inferior mediante filtros de inserción percutánea: Indicacións e resultados en 287 pacientes. Rev. méd. Chile [online]. 2007, vol.135, n.3 [citado 2009-12-23], pp. 351-358. ISSN 0034-9887. doi: 10.4067/S0034-98872007000300010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxe anatómica da VCIArquivado 11 de outubro de 2012 en Wayback Machine.