Acanto: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (5) |
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
== Hábitat == |
== Hábitat == |
||
A especie medra na rexión mediterránea, dende [[Portugal]] e o noroeste de [[África]] até o leste de [[Croacia]]; foi adaptada dende a antigüidade no cultivo de xardíns, polo que foi naturalizada e/ou cultivada practicamente no mundo enteiro<ref> |
A especie medra na rexión mediterránea, dende [[Portugal]] e o noroeste de [[África]] até o leste de [[Croacia]]; foi adaptada dende a antigüidade no cultivo de xardíns, polo que foi naturalizada e/ou cultivada practicamente no mundo enteiro<ref>http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?100692 ''Acanthus mollis'' en USDA/GRIN Taxonomy for Plants</ref> |
||
É frecuente nas costas da [[Península Ibérica]], moito máis escasa no interior. |
É frecuente nas costas da [[Península Ibérica]], moito máis escasa no interior. |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
Algúns xéneros achegados a ''Acanthus'', como ''[[Jacobinia]]'', utilízanse como psicótropos. |
Algúns xéneros achegados a ''Acanthus'', como ''[[Jacobinia]]'', utilízanse como psicótropos. |
||
Emprégase como [[adstrinxente]], antidiarréico, colerético, expectorante. En uso externo: [[demulcente]], vulnerario (cicatrizante). As follas usáronse coma estimulante do apetito e [[laxante]] por vía interna, externamente en cataplasmas como antiinflamatorio. O zume da planta recomendouse coma tratamento sintomático do [[herpes simple|herpes]], [[queimadura]]s e [[contusión]]s en xeral por un certo efecto analxésico. Indicado para [[diarrea]]s, [[disquinesia]]s hepatobiliares, [[colecistite]], [[colelitiase]]. [[Bronquite]], [[gripe]], [[arrefriado]]s. En uso externo: [[eccema]]s, [[ferida]]s, [[estomatite]], [[farinxite]], [[rectocolite]], [[vulvovaxinite]], [[distrofia]]s da mucosa [[vulvovaxinal]].<ref name |
Emprégase como [[adstrinxente]], antidiarréico, colerético, expectorante. En uso externo: [[demulcente]], vulnerario (cicatrizante). As follas usáronse coma estimulante do apetito e [[laxante]] por vía interna, externamente en cataplasmas como antiinflamatorio. O zume da planta recomendouse coma tratamento sintomático do [[herpes simple|herpes]], [[queimadura]]s e [[contusión]]s en xeral por un certo efecto analxésico. Indicado para [[diarrea]]s, [[disquinesia]]s hepatobiliares, [[colecistite]], [[colelitiase]]. [[Bronquite]], [[gripe]], [[arrefriado]]s. En uso externo: [[eccema]]s, [[ferida]]s, [[estomatite]], [[farinxite]], [[rectocolite]], [[vulvovaxinite]], [[distrofia]]s da mucosa [[vulvovaxinal]].<ref name=Lin>{{cita web |url=http://www.linneo.net/plut/index2.htm |título=''Acanthus mollis''|dataacceso=10 de outubro de 2009 |formato= |obra=Plantas útiles: Linneo}}</ref> |
||
== Curiosidades == |
== Curiosidades == |
Revisión como estaba o 21 de agosto de 2018 ás 22:02
Acanto | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acanthus mollis | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Acantus mollis L., 1753 [1] |
O acanto[1] (Acanthus mollis) é unha planta herbácea perenne orixinaria das estepas africanas, dende antigüidade utilizouse en xardíns da área mediterránea.
O acanto destaca pola súa beleza ornamental e pola súa altura (ata 150 cm) con follas longas, espiñentas e rizadas e flores abrancazadas, rosáceas ou lilas[2]. Agroma sobre todo en xuño. Tamén recibe en galego o nome de ás de anxo[3].
Hábitat
A especie medra na rexión mediterránea, dende Portugal e o noroeste de África até o leste de Croacia; foi adaptada dende a antigüidade no cultivo de xardíns, polo que foi naturalizada e/ou cultivada practicamente no mundo enteiro[4]
É frecuente nas costas da Península Ibérica, moito máis escasa no interior.
Vexeta en noiros, rochas e lugares frescos e húmidos.
Usos
Fundamentalmente en xardinaxe, as súas grandes follas basais, brillantes, lobuladas dan un aspecto señorial xunto á súa longa espiga floral. En Galiza en maio. Adóitase usar a variedade latifolius por ser un chisco máis resistente e rexa. É usada como motivo escultórico en chapiteis de columnas, como por exemplo na orde corintia.
Menciña popular
A presenza na raíz e follas de abundante mucilaxe, permite a súa utilización como amolecedor, mucilaxinosa ou vulneraria. Tense usado para fabricar enemas contra a disentería, hemorroides ou inflamacións das vías baixas.
Algúns xéneros achegados a Acanthus, como Jacobinia, utilízanse como psicótropos.
Emprégase como adstrinxente, antidiarréico, colerético, expectorante. En uso externo: demulcente, vulnerario (cicatrizante). As follas usáronse coma estimulante do apetito e laxante por vía interna, externamente en cataplasmas como antiinflamatorio. O zume da planta recomendouse coma tratamento sintomático do herpes, queimaduras e contusións en xeral por un certo efecto analxésico. Indicado para diarreas, disquinesias hepatobiliares, colecistite, colelitiase. Bronquite, gripe, arrefriados. En uso externo: eccemas, feridas, estomatite, farinxite, rectocolite, vulvovaxinite, distrofias da mucosa vulvovaxinal.[5]
Curiosidades
Unha antiga lenda conta que Calímaco, ao ver un exemplar desta planta enroscada nun queipo ofrendado xunto á tumba dunha doncela, tivo a inspiración de crear a típica ornamentación dos chapiteis corintios.
Taxonomía
- Describiuse e publicouse por vez primeira en Species Plantarum, volume 2, p. 639 en 1753 por Carl von Linné (1707 - 1778). É a especie tipo do xénero[6]
- Acanthus: do latín acanthus que provén do grego ἄκανθα, -ης, "planta espiñenta", probabelmente por composición entre acer, -cris de aceo, acies, "punzante" e anthos, "flor", do grego άκτς e άνθός. Virxilio emprega o vocábulo nas Xeórxicas (4, 123) e Plinio o Vello describe dúas especies na súa historia naturalis (22, XXXIV, 76): o Acanthus spinosus L. e o Acanthus mollis L.; esta última denomínase tamén paederos e mélamphyllos, e a súa raíz é excelente para as queimaduras e as luxacións ("quod aliqui paederota vocant, alii melamphyllum. huius radices ustis luxatisque mire prosunt").[7][8][9]
- mollis, -e: epíteto latino que significa "flexíbel, brando, tenro,...".[7]
- Acanthus mollis subsp. platyphyllus Murb.
- Acanthus mollis var. nigra (Mill.) Willd.
- Acanthus mollis var. viciosoi Pau
- Acanthus latifolius hort.,
- Acanthus lusitanicus hort.,
- Acanthus nigra Mill.
- Acanthus hispanicus Loudon
- Acanthus longifolius Poir.
- Acanthus niger Mill.
- Acanthus platyphyllus Murb.
- Acanthus spinosissimus Host[10]
- Citoloxía
O número de cromosomas é 2n=56.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acanto.
- ↑ George Schenk The Complete Shade Gardener. Timber Press, 2002, páxina 200
- ↑ E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega', Xunta de Galicia
- ↑ "Acanthus mollis en USDA/GRIN Taxonomy for Plants". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 09 de xullo de 2013.
- ↑ "Acanthus mollis". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2009.
- ↑ "Acanto". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de agosto de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 F. Gaffiot, Dictionnaire Latin-Français - Hachette, Paris, 1934
- ↑ Pline l'Ancien - Histoire Naturelle,T. II, Liber XXII, Traduction française de Émile Littré
- ↑ B. Thayer, Pliny the Elder: the Natural History - Liber XXII
- ↑ Acanto en PlantList