Galego

  Substantivo masculino

vetillo


singular plural
vetillo vetillos
 
Vetillo de vergas, fotografado en Silleda
  1. (Gandaría) Trebello que se pon no fociño do becerro co que se pretende evitar que mame, ou da vaca para evitar que pare a pastar mentres ara ou turra do carro.
    • Sinónimos: bocal, buzo, buceira, embozo.
    • Exemplo: Aínda a vaca non pariu e xa lle queremos pór o vetillo ao xato.

    • Observacións: Este trebello pode ser de dous tipos: un aparello semiesférico feito de arame, corda, vergas ou vimbios, no que se introduce o fociño, para usar en vacas ou becerros maiores; ou unha táboa que se ata ós cornos do becerriño e pendura sobre a fronte, e presenta uns cravos na parte inferior que mancarían o ubre da vaca se o becerro se intentase achegar.