Zoca
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
A zoca[1] (do latín soccus), tamén chamada zoco, galocha, galocho, madroña ou zamanco, é un tipo de calzado dunha peza propio do pobo galego e doutros pobos europeos, xeralmente de madeira de bidueiro, amieiro ou cerdeira. Foron utilizados, e aínda seguen a utilizarse nalgúns países europeos, principalmente nos Países Baixos, Bretaña, Alemaña, Asturias ou Galiza entre outros. Son empregadas como calzado protector tanto en fábricas coma no campo. En Galiza están feitas tradicionalmente con madeira de bidueiro e posúen numerosas tipoloxías, desde as vilalbesas ata as de montaña, máis semellantes ás coñecidas como "madreñas". Son consideradas como saudables para os pés.
En Inglaterra tallábanse tradicionalmente con madeira de abeneiro e foron utilizados por todas as clases nos séculos XVIII e XIX.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zoca.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zoca |