Yang Xiong (chinés tradicional: 揚雄; chinés simplificado: 扬雄; pinyin: Yáng Xióng; Wade-Giles: Yang2 Hsiung2) foi un filósofo, poeta e político chinés da dinastía Han do Oeste, célebre polos seus escritos filosóficos e a súa poesía fu 賦. Está considerado un dos maiores representantes da Escola dos Textos Antigos.[1]

Modelo:BiografíaYang Xiong (揚雄)
Biografía
Nacemento53 a.C.
Reino de Shu (actual Sichuan)
Morte18 d.C.
Lugar de sepulturaQ21017645 Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeChinesa
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
OcupaciónPoeta, filósofo
Período de actividadeDinastía Han
Xénero artísticoFu
LinguaChinés
Obra
Obras destacables
Fa yan Fangyan

Descrito pola fonteGujin Tushu Jicheng (pt) Traducir
Livro de Hã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Como outros recoñecidos escritores da súa época, Yang naceu no reino de Shu (actual condado de Pi, na provincia de Sichuan). Segundo Yang, a súa familia trasladárase ao sur dende o reino de Jin a causa da guerra civil ocorrida durante o século VI a.C.[2] Na súa mocidade, foi un grande admirador e imitador do seu compatriota Sima Xiangru e do estilo dafu propio dos primeiros anos da dinastía Han. A súa habilidade na composición de fu permitiulle obter un posto de oficial na capital de Chang'an, creando poemas para o emperador.[2]

A súa posición esixíalle gabar as virtudes e a gloria do emperador Cheng, pero Yang via con malos ollos a extravagancia e o dispendio da corte.[2] O poeta intentou recuperar o uso da admonición persuasiva ou feng 諷, unha forma de sátira que el consideraba o propósito orixinal do xénero fu, tal e como se reflectía nos escritos de autores coma Qu Yuan. Porén, os seus consellos pasaron desapercibidos para o emperador.

Xunto con Sima Xiangru, Yang foi unha das figuras máis senlleiras de toda a dinastía Han. O Han shu 漢書 ("Libro dos Han"), unha importante crónica histórica, dedícalles dous capítulos enteiros a ambos poetas, superando incluso a varios xenerais e ministros.[3]

Estivo relacionado co oficial e filósofo Huan Tan, un realista da Escola dos Textos Antigos, que o alabaría coma "o Confucio do oeste".

Pensamento

editar

En xeral, a filosofía de Yang Xiong mestura a preocupación cosmolóxica daoísta cunha visión máis pragmática do confucianismo.[1] Xa que logo, é un representante do sincretismo intelectual propio do período Han.[1][4]

Yang Xiong disentía tanto da filosofía de Mencio, quen coidaba que a natureza humana era inherentemente boa, como da de Xunzi, que consideraba que era en esencia mala.[1] A súa opinión estaba a cabalo entre ambas, dado que pensaba que a educación exercía un papel fundamental na transformación das persoas en individuos virtuosos ou corrompidos.[1] A nivel político, defendeu unha visión reformista que propugnaba a frugalidade do goberno e a preocupación polos desamparados.[1]

Nos eidos da estética e da teoría da literatura, foi coñecido por rexeitar a verbosidade excesiva dos fu.[1]

A obra máis importante de Yang, o Fayan 法言 ("Ditos exemplares"), é un libro de filosofía modelado sobre as Lunyu 論語 ("Analectas") de Confucio. Nel, o autor critica aos poetas de fu por compoñer nunha linguaxe enfeitada e esotérica, ao tempo que evitaban toda cuestión moral.

Yang tamén escribiu outros textos de diverso cuño. O Tai xuan 太玄 foi un texto de adiviñación baseado no Yijing 易經. Pola súa banda, o Jie chao 解嘲 ("Xustificación contra o ridículo") foi un dos fu máis coñecidos sobre o tema da frustración. Así mesmo, elaborou o Fangyan 方言 ("Dialectos"), unha colección de dialectalismos das diversas partes da China, considerado unha das obras lexicográficas máis relevantes da dinastía Han.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Yang Xiong (Yang Hsiung) - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2023-12-17. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Knechtges, David R. (1982). The Han Shu Biography of Yang Xiong (54 BC – AD 18) (en inglés). Center for Asian Studies, Arizona State University. ISBN 978-0939252107. 
  3. Nienhauser, William (ed.) (1986). The Indiana Companion to Traditional Chinese Literature, Volume 1 (en inglés). Indiana University Press. 
  4. McLeod, Alexus (2022). Zalta, Edward N., ed. Philosophy in Han Dynasty China (Spring 2022 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  5. Zgusta, Ladislav (ed.) (1992). History, Languages, and Lexicographers (en inglés). Niemeyer. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar