Veremundo
Veremundo (fl. cara ao ano 535[1]) (en latín: Veremund ou Veremundus) foi un rei suevo do reino de Galicia documentado cara ao ano 535, durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves (469) e a conversión dos suevos ao arianismo (466). A falta de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo, que tería impulsado a construción de igrexas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | século V Reino suevo de Galicia |
Rei dos suevos | |
século V – século V ← Hermenerico – Teodemundo → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de actividade | (Con vida en: c. 485 ) |
Fontes
editarA existencia de Veremundo baséase nunha inscrición pétrea descuberta en San Salvador de Vairão no ano 1608. No mesmo século, en 1637, Jeronymo da Cunha de Almeida, abade de Bitarães, leu a data da inscrición como 485 e atribuíuna a un rei suevo chamado Veremundus. Posteriormente algúns estudosos dataron a inscrición no século VIII, argumentando que dito Veremundus era o rei Vermudo I. Máis recentemente, unha nova lectura precisou a data en 535.[1] No entanto, varios estudos consideran que a data é 1035, referíndose a Vermudo III.[2]
Veremundo Descoñecida Nacemento: ? Falecemento: ?
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Hermenerico Último coñecido
|
Rei de Galicia Cara ao ano 535 |
Sucedido por Teodemundo Seguinte coñecido |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ferreiro, Alberto (1997). "Veremundu R(eg)e: Revisiting an Inscription from San Salvador de Vairão (Portugal)". Zeitschrift für Papyrologie und Epigraphik (en inglés) (116): 263–272, láminas XI–XII. ISSN 0084-5388.
- ↑ Paiva, Sérgio (8 de xullo de 2020). "Inscrição Lapidar de Vairão". viladoconde.com.
Véxase tamén
editar Da escuridade ao esplendor. A nova monarquía sueva entre 469 e 570. |
Bibliografía
editar- Arias, Jorge C. (verán de 2007). Identity and Interaction: The Suevi and the Hispano-Romans (PDF) (en inglés). Universidade de Virxinia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2007. Consultado o 09 de maio de 2021.
- López Carreira, Anselmo; Fernández Calo, Tucho (2003). Os reis de Galicia. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96203-27-1.