Trece Colonias
Nos anos 1770 xa xurdiran varios pequenos centros urbanos pero en proceso de expansión, e cada un deles contaba con xornais, tendas, comerciantes e artesáns. Filadelfia, con 28.000 habitantes, era a cidade máis grande, seguida por Nova York, Boston, e Charleston. A diferenza da maior parte das demais nacións, Estados Unidos xamais tivo unha aristocracia feudal. Na era colonial a terra era abundante e a man de obra escasa, e todo home libre tiña a oportunidade de alcanzar, se non a prosperidade, polo menos a independencia económica.
Thirteen Colonies (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Reino de Gran Bretaña (1732–1776) | ||||
Contén a división administrativa | Colonia de Virxinia (1606–1776) Colónia de Rhode Island e Plantações de Providence (pt) (1663–1776) Colónia do Connecticut (pt) (1662–1776) Colónia do Delaware (pt) (1701–1776) Provincia de Nova York (1664–1776) Província da Baía de Massachusetts (pt) (1691–1776) Província da Carolina do Norte (pt) (1712–1776) Província da Carolina do Sul (pt) (1712–1776) Província da Geórgia (pt) (1732–1776) Província da Nova Jérsia (pt) (1664–1776) Província da Pensilvânia (pt) (1681–1776) Província de Maryland (pt) (1632–1776) Província de New Hampshire (pt) (1635–1776) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.400.000 (1775) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | Imperio Británico (1732–1776) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 14 de maio de 1607: (Colonia de Virxinia) | ||||
Disolución | 4 de xullo de 1776 | ||||
Sucedido por | Estados Unidos de América | ||||
Todas as colonias compartían a tradición do goberno representativo. O monarca inglés nomeaba a moitos dos gobernadores coloniais, pero todos eles debían gobernar conxuntamente cunha asemblea elixida. O voto estaba restrinxido aos terratenentes homes brancos, pero a maioría dos homes brancos tiñan propiedades suficientes para votar. Inglaterra non podía exercer un control directo sobre as súas colonias norteamericanas. Londres estaba demasiado lonxe, e os colonos tiñan un espírito moi independente.
En 1733, os ingleses ocuparan 13 colonias ao longo da costa do Atlántico, desde Nova Hampshire no norte ata Xeorxia no sur:
- Nova Hampshire
- Massachusetts
- Rhode Island
- Connecticut
- Nova York
- Nova Jersey
- Pensilvania
- Delaware
- Maryland
- Virxinia
- Carolina do Norte
- Carolina do Sur
- Xeorxia
Os franceses controlaban Canadá e Luisiana (Nova Francia), que comprendían toda a vertente do río Mississippi: un imperio vasto con poucos habitantes. Entre 1689 e 1815, Francia e a Gran Bretaña sostiveron varias guerras, e América do Norte viuse envolvida en cada unha delas. En 1756 Francia e Inglaterra estaban enfrascadas na Guerra dos Sete Anos, coñecida nos Estados Unidos como a Guerra Francesa e Indíxena. O primeiro ministro británico, William Pitt, investiu soldados e diñeiro en América do Norte e gañou un imperio. As forzas británicas tomaron as prazas fortes canadenses de Louisburg (1758), Quebec (1759) e Montreal (1760). A Paz de París, asinada en 1763, deu á Gran Bretaña dereitos sobre Canadá e toda América do Norte ao leste do río Mississippi.
A vitoria de Inglaterra conduciu directamente a un conflito coas súas colonias norteamericanas. Para evitar que pelexasen cos nativos da rexión, chamados indios polos europeos, unha proclama real negou aos colonos o dereito de establecerse ao oeste dos montes Apalaches. O goberno británico empezou a castigar aos contrabandistas e impuxo novos gravames ao azucre, o café, os téxtiles e outros bens importados. A Lei de Aloxamento obrigou ás colonias a aloxar e alimentar aos soldados británicos; e coa aprobación da Lei do Selo (Stamp Act), debían adherirse selos fiscais especiais a todos os xornais, folletos, documentos legais e licenzas.
Estas medidas pareceron moi xustas aos políticos británicos, que gastaran fortes sumas de diñeiro para defender ás súas colonias norteamericanas durante e logo da Guerra Francesa e Indíxena. Seguramente o seu razoamento era que os colonos debían sufragar parte deses gastos. Pero os colonos temían que os novos impostos dificultasen o comercio, e que as tropas británicas estacionadas nas colonias puidesen ser usadas para esmagar as liberdades civís que os colonos gozaran ata entón.
En xeral, estes temores eran infundados, pero foron os precursores do que chegaron a ser tradicións profundamente arraigadas na política estadounidense. Os cidadáns desconfían do "goberno poderoso"; logo de todo, millóns de inmigrantes chegaron aos Estados Unidos para escapar da represión política.
En 1765, representantes de nove colonias reuníronse como "Congreso sobre a Lei do Selo" e protestaron contra o novo imposto. Os comerciantes negáronse a vender produtos británicos, os distribuidores de selos víronse ameazados polo xentío e a maioría dos colonos sinxelamente negouse a comprar os mencionados selos. O parlamento británico viuse forzado a revogar a Lei, pero fixo cumprir a Lei de Aloxamento, decretou impostos ao té e a outros produtos, e enviou funcionarios aduaneiros a Boston a cobrar eses aranceis. De novo os colonos optaron por desobedecer, así que se enviaron soldados británicos a Boston.
As tensións aliviáronse cando Lord North, o novo Primeiro ministro británico, eliminou todos os novos impostos salvo o do té. En 1773, un grupo de patriotas respondeu ao devandito imposto escenificando a Festa do Té de Boston: disfrazados de indíxenas, abordaron buques mercantes británicos e botaron á auga, no porto de Boston, a 342 cestas de té. O parlamento promulgou entón as "Leis Intolerables": a independencia do goberno colonial de Massachusetts foi drasticamente restrinxida e enviáronse máis soldados británicos ao porto de Boston, que xa estaba pechado aos buques mercantes. En setembro de 1774 tivo lugar en Filadelfia o Primeiro Congreso Continental, reunión de líderes coloniais que se opuñan ao que percibían como asoballamento británico nas colonias. Estes líderes instaron aos colonos a desobedecer as Leis Intolerables e a boicotear o comercio británico. Os colonos empezaron a organizar milicias e a almacenar armas e municións.
En 1775 comeza oficialmente a guerra, cuxo desenvolvemento inicial foi claramente de dominio inglés, pero o seu curso cambiaría cando tras a Batalla de Saratoga, primeira gran vitoria americana, Francia e posteriormente España entrarían en guerra apoiando aos independentistas norteamericanos.
En 1783 pola Paz de Versalles, Inglaterra vese obrigada a recoñecer a independencia das 13 colonias americanas, tal e como estas redactaran na famosa Declaración de Independencia dos Estados Unidos de 1776.
Unha vez lograda a independencia, resultou moi complicado pór de acordo a todas as antigas colonias se seguían como Estados independentes, ou se reunían nunha soa nación. Tras varios anos de negociacións, en 1787, 55 representantes das antigas colonias reuníronse no Congreso de Filadelfia co fin de redactar unha Constitución. Creábase así un único goberno federal, cun Presidente da República e dúas Cámaras Lexislativas (Congreso e Senado) como solución intermedia. Redactou tamén a Constitución de 1787, e chamou ás eleccións polas cales George Washington foi investido primeiro presidente dos Estados Unidos.