Tonsura
Chámase tonsura ao primeiro dos graos clericais o cal conferíase por man do bispo como disposición e preparación para recibir o sacramento da orde e cuxa cerimonia executábase cortando unha parte do cabelo, o situado na coroa da cabeza. Tamén se chama tonsura ao corte rapado resultante deste rito.
Signo de renuncia ao mundo, é tamén, coa adopción do hábito e o cambio de nome, un elemento dun ritual de morte e de renacemento que borra os pecados anteriores. A tonsura é unha práctica nacida a principios da Idade Media; non é coñecida durante os primeiros tempos da Igrexa e Xerome de Estridón ata a rexeitaba.
O cardeal católico romano John Henry Newman, do século XIX, escribiu o seguinte no seu Essay on the Development of Christian Doctrine (Ensaio sobre o desenvolvemento da doutrina cristiá): “O uso de [...] a tonsura [..] todos son de orixe pagá, e santificados pola súa adopción na Igrexa”.
Distinguíanse os seguintes tipos de tonsura:
- Tonsura escocesa. A que se estendía dunha orella a outra e só na parte dianteira da cabeza.
- Tonsura grega. A que se estendía por toda a cabeza.
- Tonsura romana. Tonsura parcial e circular.
No seo da Igrexa Católica, a tonsura romana predominaba sobre as dúas outras formas e permaneceu vixente ata 1972, data na cal Paulo VI na súa Carta apostólica en forma de motu proprio, Ministeria quædam, establece que “En diante non se confire xa a Primeira Tonsura”.[1]
Notas
editar- ↑ "Carta apostólica Ministeria quaedam". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2008. Consultado o 07 de marzo de 2008.
Notas
editar- O contido deste artigo incorpora material do Dicionario Enciclopédico Gaspar e Roig de 1870, o cal atópase no dominio público.