The Indian in the Cupboard
The Indian in the Cupboard é un filme estadounidense de fantasía dirixido por Frank Oz que se estreou en 1995. Baséase no libro infantil homónimo de Lynne Reid Banks. O filme conta a historia dun neno que recibe un pequeno armario polo seu noveno aniversario. Axiña descobre que poñendo figuras de xoguete no armario e pechándoas con chave, os xoguetes cobran vida.
The Indian in the Cupboard | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Indian in the Cupboard |
Director | Frank Oz |
Produtor | Kathleen Kennedy Frank Marshall Jane Startz |
Guión | Melissa Mathison |
Baseado en | The Indian in the Cupboard de Lynne Reid Banks |
Intérpretes | Hal Scardino Litefoot David Keith Lindsay Crouse Richard Jenkins Rishi Bhat |
Música | Randy Edelman |
Fotografía | Russell Carpenter |
Montaxe | Ian Crafford |
Estudio | The Kennedy/Marshall Company Scholastic Films |
Distribuidora | USA/Canadá Columbia Pictures Internacional Paramount Pictures |
Estrea | 1995 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Fantasía |
Orzamento | $45 000 000[1] |
Recadación | $35 656 131 |
Na rede | |
Está protagonizado por Hal Scardino como Omri, Litefoot como Little Bear, Lindsay Crouse, Richard Jenkins, Rishi Bhat como Patrick, Steve Coogan como Tommy Atkins e David Keith como Boone o Cowboy.[2] Foi distribuído por Columbia Pictures e Paramount Pictures.
Sinopse
editarPolo seu noveno cumpre anos, Omri só recibe agasallos convencionais, pero os dous que parecen menos interesantes resultarán selos máis máxicos, e serán os responsábeis de que Omri viva emocionantes aventuras.
Personaxes
editar- Hal Scardino como Omri
- Litefoot como Pequeno Oso
- David Keith como Boone
- Lindsay Crouse como Jane
- Richard Jenkins como Victor
- Rishi Bhat como Patrick
- Steve Coogan como Tommy Atkins
- Vincent Kartheiser como Gillon
- Nestor Serrano como Mestre
- Ryan Olson como Adiel
- Michael Papajohn como Cardassian
- Frank Welker como Efectos Vocais
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)