Tashkent
Tashkent[1][2] (en ruso: Ташкент; en uzbeko: Тошкент/Toshkent) é a capital de Uzbekistán, unha cidade de 2 073 000 habitantes, aínda que datos extraoficiais falan de que se achega aos tres millóns.
Тошкент (uz) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Uzbekistán | ||||
Enclave en | Provincia de Tashkent | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Bektemir (pt) Chilonzor (pt) Hamza (pt) Mirobod (pt) Mirzo Ulugbek (pt) Olmazor (pt) Sergeli (pt) Shayhontoxur (pt) Uchtepa (pt) Yakkasaray (pt) Yunusabad (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.956.384 (2023) (8.830,3 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua usbeka | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 334,8 km² | ||||
Bañado por | Chirchiq (en) | ||||
Altitude | 455 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Jakhongir Artikkhodjayev (pt) (2018–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 100000 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | UZ-TK | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | tashkent.uz | ||||
Áchase situada nun oasis irrigado polos ríos Chirchik e Keles. O nome da cidade mudou máis dunha vez: so o dominio chinés, durante a dinastía Han, era chamada Beitan. Máis tarde pasou a ser denominada Chachkand, que evolucionou para Tashkand e logo Tashkent. O seu nome significa "cidadela de pedra" (taš : pedra en turco + kand, kent : cidade, vila, palabra centro-asiática).
Actualmente Tashkent non só é a capital da república, senón tamén o maior centro económico e cultural.
Clima
editarO clima da cidade é de tipo clima continental|continental, con invernos moi fríos e veráns moi calorosos. O mes máis cálido é o de xullo, cunha media de 27,1 °C, pero as temperaturas poden exceder os 40 °C á sombra. O mes máis frío é xaneiro cunha media de -1,1 °C. Porén as temperaturas medias anuais son de 13,5 °C. As precipitacións anuais só atinxen 417 mm anuais de media. As chuvias caen sobre todo nos meses primaverais, e o verán é longo e sen precipitacións.
Historia
editarTashkent ten unha antiga orixe. Foi fundada polos árabes no ano 750 no oasis do río Chirchik. Durante moito tempo foi controlada polos nómades do Turquestán, en tanto non era ocupada polos chineses. No ano 1219 a cidade foi destruída por Xenxis Khan, sendo reedificada posteriormente. No 1809 foi anexionada ao Khanato de Kokand, do cal formaría parte até o 1865, ano no que foi incorporada a Rusia. En 1889 foi unida ao resto de Rusia coa construción do camiño de ferro transcaspiano.
O século XX
editarTras a caída do imperio ruso, Tashkent viuse incorporada á URSS, como parte primeiro da República Socialista Soviética Autónoma do Turquestán e logo da República Socialista Soviética de Uzbekistán. Durante a segunda guerra mundial foron deslocadas para a cidade moitas industrias da zona occidental da Unión Soviética, que estaban ameazadas polo avance das tropas alemás, o que fixo medrar Tashkent con rapidez.
O 25 de abril de 1966, a cidade sufriu os efectos dun forte terremoto (7.5 graos da escala de Richter), que deixou sen vivenda máis de 300 000 persoas.
No 1991, da cando a caída da Unión Soviética, Tashkent pasou a formar parte do Uzbekistán, do que se tornou a capital.
Principais monumentos
editar- Madrasa e mesquita de Khazret (Khast) Imam
De fins do século XVI; conserva fragmentos do máis antigo exemplar do Corán do mundo, que pertenceu ao segundo califa directo, Osmán.
- Mausoleo de Kaffal Chachi
Edificación de 1541.
- Madrasa Koukeldach
Construída a fins do século XVI.
- Pazo do Príncipe Romanov
Construído no século XIX polo Gran Duque Nikolai Konstantinovich, curmán do Tsar Alexandre III de Rusia. Unha parte do pazo está ocupada por un museo, e a outra polo Ministerio de Asuntos Exteriores.
- Museo de Belas Artes do Uzbekistán
Conserva unha estesa colección artística relativa ao período pre-ruso, parte procedentes da antiga Sogdiana, obras relixiosas zoroástricas e budistas. Conserva tamén moitas obras do período ruso, sobre todo de artes aplicadas.
- Museo de Amir Timur
Está dedicado a Tamerlán.
Medios de comunicación de masas
editarEn Tashkent edítanse varios xornais, dos que 9 saen en lingua uzbeka, 4 en inglés e 9 en ruso. Posúe tamén medios emisores de televisión; cómpre destacar a torre da televisión, erguida en época soviética, e que atinxe unha altura de 375 metros.
Transporte
editarTashkent é das poucas cidades da Asia Central que ten metro. Comezado a construír en 1977, na actualidade ten tres liñas. Hai tamén autobuses e trolebuses para moverse no interior da cidade. Está unida por ferrocarril coas cidades máis importante de Asia Central e mesmo da China. Posúe un aeroporto internacional.
Irmandamentos
editarTashkent, está irmandada con:
Notas
editar- ↑ Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas (PDF). p. 108. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ «Tashkent». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2008. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tashkent |