Serra do Xistral
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.
Tipo | serra | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 22.964 ha | |||
É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]
Xeografía e xeoloxía
editarOrografía
editarA Serra do Xistral ocupa 22 964 ha e a súa altura máxima son os 1046 m[2] do Cadramón.
Hidrografía
editarA Serra do Xistral deita as augas no Cantábrico (ríos Landro, Ouro e Masma), na Terra Chá (bacía do Miño) por Abadín, e no río Sor e no río Eume.
Clima
editarÉ a zona de frecuente néboa e ventos e menos horas de irradiación solar. As néboas que percorren as chairas elevadas da serra deixan abondosas precipitacións, e enchoupan e favorecen as súas extensas turbeiras e pasteiros.
-
Rocha no Xistral, en Montouto, Abadín.
-
Nacemento do río Landro no Xistral.
Flora e fauna
editarFlora
editarProsperan especies endémicas, como o buño, a Drosera intermedia e diversas especies de musgos de Sphagnum e uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas, como Erica mackaiana, Erica ciliaris e Erica tetralix, uceiras secas europeas e uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo (Ulex sp.).
Destaca a presenza de augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Litorelletalia uniflorae), lagoas eutróficas naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition, lagoas e estanques distróficos naturais, ríos de pisos de planicie a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-batrachion, formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas de Europa continental), turbeiras de cobertor, depresións sobre substratos turbosos de Rhynchosporion, bosques aluviais de amieiros, freixos de río, Alno-padion, Alnion incanae e salgueiros, xunto con bosques de acivros.
Fauna
editarEntre a fauna destacan especies infrecuentes como dúas especies de bolboretas do xénero Erebia (para as que se describiron subespecies endémicas do Xistral), o neverón (Chyonomis nivalis) ou a lagarta das brañas (Zootoca vivipara, antes Lacerta vivipara), que ten nesta serra unha das poucas localidades de presenza en Galiza e que conforman o seu límite occidental de distribución mundial.
Posúe unha interesante herpetofauna, con poboacións de saramaganta (Chioglossa lusitanica), lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) ou lagarta da serra (Iberolacerta monticola), ademais da xa citada lagarta das brañas. Constitúe, así mesmo, unha fronteira natural entre dúas subespecies de sacabeiras, a Salamandra salamandra gallaica e a S.s.bernardezi, que podemos atopar na serra nas súas formas típicas e híbridas.
Entre as aves, vense especies propias de zonas abertas como a curuxa das xunqueiras (Asio flammeus), as rapinas ou tartarañas (Circus ssp.) ou de zonas húmidas, como a arcea (Gallinago gallinago). Outras especies destacábeis son o úbalo (Carduelis spinus), o picanzo vermello (Lanius collurio), o picanzo real (Lanius excubitor) e a papuxa montesa (Sylvia undata). Atópanse tamén carnívoros como o lobo (Canis lupus), o gato bravo (Felis sylvestris), a xeneta (Genetta genetta), a donicela (Mustela nivalis) ou o furón (Mustela putorius).
Sendo unha zona pouco poboada, nos seus prados críanse cabalos e vacas ceibes.
Lexislación
editarA Serra do Xistral, coa ribeira alta do río Sor, é unha zona declarada como zona especial de conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000. Forma parte ademais da Reserva da Biosfera "Terras do Miño".[1]
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Castroviejo Bolivar, M. P. A., 1988. Fitoecología de los montes de Buio y sierra del Xistral (Lugo). Tese doutoral. Consellería de Agricultura, Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
- Grupo de Estudios Paleoambientales. 1994. Valoración del patrimonio natural e histórico de las sierras septentrionales de Galicia. Grupo de Estudios Paleoambientales & Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Santiago de Compostela.
- Izco Sevillano, J. y Ramil Rego, P. (coords.), 2001. Análisis y valoración de la sierra de O Xistral: un modelo de aplicación de la Directiva Hábitat en Galicia. Colección Técnica Medio Ambiente, Xunta de Galicia.
- Martinez Cortizas, A. y García-Rodeja Gayoso, E. (coords.), 2001. Turberas de montaña de Galicia. Colección Técnica Medio Ambiente, Xunta de Galicia.
- Pérez Alberti, A. y Martínez Cortizas, A. (coords), 1996. Avances en la reconstrucción paleoambiental de las áreas de montaña lucenses. Monografías G.E.P. nº 1. Dip. Prov. de Lugo.
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Serra do Xistral".
- ↑ Serra do Xistral en riasaltas.info (en castelán).