Roses
Roses é un concello do nordés de España, da comarca do Alt Empordà na provincia de Xirona, Cataluña. En pouco máis de medio século experimentou un rápido crecemento debido ao turismo, pasando de 2.703 habitantes (1950) a 12.991 habitantes en 2000 e a 19.463 en 2008.
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
Estado | España | ||||||||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||||||||
Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||||||||
Comarca | Alt Empordà | ||||||||||
Capital | Roses (pt) | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 20.140 (2023) (438,78 hab./km²) | ||||||||||
Número de fogares | 184 (1553) | ||||||||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 45,9 km² | ||||||||||
Bañado por | Mar Mediterráneo e Golfo de Roses | ||||||||||
Altitude | 5 m | ||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Organización política | |||||||||||
• Mayor of Roses (en) | Josep Maria Martínez Chinchilla (en) (2023–) | ||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 17480 | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Código INE | 17152 | ||||||||||
Código territorial IDESCAT | 171523 | ||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Páxina web | roses.cat | ||||||||||
Localización e características
editarEstá situada na costa norte do Golfo de Roses, ao sur do cabo de Creus. É un gran centro turístico, con urbanizacións, hoteis e praias e dous portos (pesqueiro e deportivo), e un lugar atractivo e de gran relevo dentro do sector setentrional da Costa Brava. A costa do municipio de Roses inclúe unha longa praia de area e máis cara ao leste un gran número de calas, entre as cales destacan Canyelles Petites, L'Almadrava, Cap Norfeu, Punta Falconera, Jóncols e Montjoi.
Aínda que o turismo é a fonte principal da economía, o sector primario tamén ten presenza, coa agricultura (cultivo de oliveira e viña), e tamén, aínda que máis reducida, a pesca, xa que Roses ten o porto pesqueiro máis destacado da costa do norte de Cataluña.
Lugares de interese
editar- Igrexa parroquial Santa María: foi consagrada en 1796, construída sobre os restos do templo anterior do Mosteiro de Santa María de Roses, do que se conservan o ábsida, o cruceiro, a cúpula románica e algún resto do claustro. A restauración do ano 1853, obra do arquitecto Martí Sureda i Deulovol, foi en estilo neoclásico e comportou reformas na nave, as capelas laterais e a fachada.
- Ciutadella de Roses: restos da fortificación do século XVII que encerrou a primitiva vila, xunto con restos das cidadelas grega e romana, e vestixios medievais, acolle actualmente un interesante museo de interpretación.
- Castell de Bufalaranya documentado desde o século X.
- Castell de la Trinitat, fortificación do século XVI, en reformas desde 2008.
- Castrum visigoticum ou cidadela visigoda do Puig Rom.
- Miradoiro de Santa Rosa de Puig Rom, a 225 m de altitude, magnífica vista da totalidade do golfo, da chaira do Empordà, das marismas (aiguamolls) e das Illas Medes ao fondo.
- Conxunto megalítico de Roses, percorrido por unha ampla paraxe natural que permite ver dolmens e numerosos menhires, na estrada de cala Montjoi.
- Punta Falconera, paraxe natural nun lugar inmellorable, con restos (búnqueres) da Guerra civil española, na porta do golfo de Roses.
- El Bulli, restaurante na cala Montjoi, tres estrelas na Guía Michelin, dirixido por Ferran Adrià, e declarado o segundo mellor restaurante do mundo.
Festividades
editar- Entroidos: unha das festas máis importantes e famosas da Costa Brava. Alárgase durante cinco días con diferentes actividades, aínda que a principal son os desfiles de carrozas do venres e domingo de Entroido pola Avenida de Rhode, nos que se exhiben os disfraces máis orixinais preparados para a ocasión. Celébranse nunha data variable entre febreiro e marzo. Nos entroidos de 2008 participaron máis de 6.000 persoas e 70 carrozas.
- Festa Maior: É en honra da Virxe do Carmen, o 15 de agosto, e sempre están presentes a música clásica, as habaneras, as sardanas e os xigantes; hai unha procesión de barcas e finalizan con fogos artificiais que iluminan a baía.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roses |