Opio
O opio é un látex desecado ao ar extraído por incisión transversal dos casulos verdes dos froitos de certas plantas como a durmideira (Papaver somniferum), que contén varios alcaloides, entre os que destaca a morfina por ser un forte analxésico e por ser a base para a obtención de heroínas[1]; é, polo tanto unha droga, analxésica, narcótica, de cheiro característico e un sabor amargo. Contén non menos dun 9'5% de morfina. As propiedades analxésicas e hipnóticas deste estupefaciente son coñecidos dende hai séculos. Os principais países produtores de opio son Turquía, o Irán, Iugoslavia e maila India.[2]
O opio preséntas en pans ovais, apalanados, usualmente duns 8 a 15 centímetros de diámetro e de 300 a 500 gramos de peso, aínda que os hai de até dous quilos. Os pans de opio son dunha cor acastañada clara que se escurece co tempo, moles, cubertos con follas de durmideira e froitos de Rumex.
Os alcaloides do opio atópanse combinados cos ácidos mecónicos, láctico e sulfúrico. Contén tamén tres principios neutros: meconina, meconisina e opionina, como tamén pectina, glicosa, mucilaxe, cera, graxas e colorants. A actividade farmacolóxica do opio é moi variada: é analxésico e narcóticos (morfina), antiperistáltico (antidiarreico), antiespasmódico (papaverina), antitusíxeno (codeína, papaverina), entre outros.
Orixe
editarDioscórides falou del no século II, Paracelso empregouno no século XV e Van Helmonth no século XVII. Sydenham, ao final do mesmo século, empregouna na preparación do extracto chamado de láudano.[2]
Extracción e preparación
editarO opio extráese realizando incisións superficiais no pericarpo dos casulos da durmideira. Os talos exsudan un látex branco e leitoso, que en secándose é transformado nunha resina pegañenta de cor marrón. Esta resina rélase dos casulos obténdose así o opio en bruto.
Despois da extracción, fórmase o chamado pan de opio que é o resultado da unión dos produtos obtidos despois da recolleita. Deste pan extráense os principios activos:
Poucos países autorizan o cultivo legal para a posterior extracción dos principios activos utilizados en farmacia; un deles é España, onde se concentran na parte sur da Península Ibérica.
Maneiras de uso
editarPode utilizarse directamente fumado en pipa, bebido en infusión ou inxerido.
Se se inxerir, acostúmase envolver en papel de fumar para protexer do desagradábel sabor que ten se se traga, tárdase arredor de media hora, unha hora en comezar a notar os efectos, que poden durar até 6 ou 8 horas, acostuma ir acompañado de vómitos. Para protexerse das náuseas moitas persoas optan por introducir a bóla de opio con papel de fumar polo ano, cousa que produce o mesmo efecto mais reducindo os efectos nocivos que aparecen cando se fai polo estómago.
Fumado pode ser a xeito dun porro de cánabo, cun pouco tabaco, aínda que así se queima demasiado sen chegar a absorbelo, en pipa ha ser metálica, xa que o opio necesita chegar a ferver ao queimalo.
O máis normal é fumalo en papel de prata, deixando que o opio se transforme en gota ao queimar e corra polo papell, absorbendo o fume con máis papel a xeito de palliña para non se queimar.
Fumando sobe axiña, pódese vomitar e non dura tanto.
Tamén se poden apañar os casulos de durmideira esmagados e facer unha infusión durante máis de media hora; os mesmos casulos poden servir para máis dunha rolda. O sabor é desagradábel, de xeito que se acostuma a pór un pouco mel, outras opinións falan dun sabor fantástico, sempre dependendo dos gustos.
Danse casos nos que o opio prepárase nunha culler coma se foses heroína e se inxecta en vea, cousa que provoca dor e inflamación posterior da vea.
Tamén pode ser utilizado para a elaboración de diferentes preparados coma o láudano.
Notas
editar- ↑ Definiciñon en Portald as Palabras da RAG- http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=opio&sinom=0&homonimo= Arquivado 01 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ 2,0 2,1 Opi Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. a partir da Enciclopèdia Catalana (enciclopedia catalá)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Opio |