Merluccíidos
Merluccíidos Merlucciidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pescada (Merluccius merluccius) no Aquarium Finisterrae da Coruña | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A dos merluccíidos ou merlúcidos[1] (Merlucciidae) é unha familia de peixes osteíctios mariños da orde dos gadiformes que inclúe ás pescadas, especies de grande importancia comercial, que se distribúen polo norte do océano Atlántico e o sur e leste do Pacífico.[2]
Etimoloxía
editarO nome da familia deriva do nome do seu xénero tipo, Merluccius, e este do latín medieval merlutius ou merluccius, do latín clásico merulis, -us ou merula, -ae, "merlo" (e tamén o nome de certo peixe), e lutius, -us, "lucio".[3]
Descrición
editarTeñen dúas aletas dorsais, excepto Lyconodes que ten só unha, cos primeiros raios espiñentos. A segunda aleta dorsal e a aleta anal cunha fendedura posterior. Carecen de barbelas no mento. A boca é grande, situada en posición terminal. Teñen dentes na parte dianteira do óso vómer, e a maioría das especies teñen os dentes longos e afiados. As escamas son pequenas, e de tipo cicloide.[4]
Hábitat e forma de vida
editarAs especies do xénero Merluccius son voraces depredadores que habitan na plataforma continental e na parte superior do noiro continental; as especies do xénero Macruronus viven en grandes bancos na plataforma continental subantártica.[4] Pola súa parte, Steindachneria argentea, única especie do xénero Steindachneria, habita no golfo de México e no mar Caribe.[2]
Taxonomía
editar- Subfamilia Merlucciinae [5]
- Xénero Lyconodes Gilchrist, 1922
- Xénero Lyconus Günther, 1887
- Xénero Macruronus Günther, 1873
- Xénero Merluccius Rafinesque, 1810
- Subfamilia Steindachneriinae
- Xénero Steindachneria Goode & T. H. Bean, 1888 [6]
Notas
editar- ↑ Definición de merlúcidos no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ 2,0 2,1 FAO, ed. (1990). Gadiform fishes of the world (order Gadiformes) : an annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO Fisheries Synopsis 10. Rome. pp. 77–81. ISBN 9251028907. OCLC 24146102.
- ↑ Webster's Unabridged Dictionary.
- ↑ 4,0 4,1 FishBase
- ↑ Merlucciinae en SIIT. (en inglés)
- ↑ Steindachneriinae en SIIT. (en inglés)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Merluccíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Merluccíidos |
Bibliografía
editar- Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis, 125, volume 10, pp. 77–81.
- Lloris, Domingo (2005): Hakes of the world (family Merlucciidae): an annotated and illustrated catalogue of hake species known to date. Roma: FAO. ISBN 92-5-104984-X. Pódese ver en [1].
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fotografías das especies en FishBase.
- Merlucciidae en NCBI. (en inglés)