Marco Licinio Craso

estadista e xeneral romano  (-115 – -53)

Marco Licinio Craso, en latín Marcus Licinius Crassus, (112 a.C. 53 a.C.) foi, na súa época, un dos homes máis ricos de Roma e recibiu por iso o cognome de Dives. Foi cónsul por dúas veces, no 70 e no 55 a.C., ambas xunto a Pompeio. Aínda así, a súa influencia no mundo político era limitada polo feito de ser un home ligado ao mundo dos negocios, o que non era considerado propio para un senador. Así, Craso aliouse ao patricio mozo Xulio César como o seu provedor de fondos. Chega finalmente ao poder formando, con César e Pompeio, o Primeiro triunvirato. Craso morreu nunha batalla no comando dunha expedición contra os partos que acabou nun desastre completo, principalmente debido a falta de preparación da mesma expedición. Este fallo valeulle ser recordado na expresión popular erro craso, que invoca a súa tráxica morte.

Modelo:BiografíaMarco Licinio Craso

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Licinius Crassus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento115 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xuño de 53 a. C. Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Harran (Partos) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
70 a. C. – 70 a. C.
Gobernador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga, militar da Roma antiga, oficial do exército Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
Partido políticooptimates Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoBatalha de Cantena (pt) Traducir
batalla de Carras Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTértula Editar o valor en Wikidata
FillosPublio Licinio Craso, Marco Licinio Craso Editar o valor en Wikidata
PaisPublio Licinio Craso Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsPublius Licinius Crassus Dives Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Enciclopedia militar Sytin
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Craso tiña imnumerables negocios e propiedades, pero unha das súas formas máis peculiares de gañar diñeiro era a súa brigada anti-incendio. Os incendios eran relativamente comúns en Roma. Cando unha casa prendía lume, a brigada de Craso chegaba cun carro con auga, extinguía o lume e logo revindicaba o cobro dos seus servizos. A casa pasaba a pertencer a Craso e o antigo habitante tiña que pagar alugueiro.

Craso foi tamén comandante das forzas que extinguiron a rebelión de escravos liderada por Espártaco, o que lle proporcionou popularidade e poder.