Mab (lúa)
Mab é unha lúa interior do planeta Urano. Foi descuberta por Mark R. Showalter e Jack J. Lissauer no 2003 usando o Telescopio Hubble.[3] Recibiría máis tarde o nome da Raíña Mab, unha raíña do folclore inglés que é mencionada na obra de William Shakespeare, Romeu e Xulieta.[4] Mentres non foi bautizada co seu nome oficial, Mab recibiu a designación temporal de S/2003 U 1'.[3] Tamén foi designada coma Urano XXVI.[4]
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Mark R. Showalter e Jack J. Lissauer |
Descuberta en | 25 de agosto do 2003 |
Características orbitais | |
Semi-eixo maior | 97.736 km |
Excentricidade | 0,0025 |
Período orbital | 0,923 d |
Inclinación | 0,1335° (respecto do ecuador de Urano) |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Radio medio | ~24 km[1] |
Área superficial | ~1.900 km² |
Volume | ~8.000 km³ |
Masa | ~1 x 1016 kg |
Densidade media | 1,3 g/cm3 |
Gravidade superficial | ~0,0044 m/s2 |
Velocidade de escape | ~0,011 km/s |
Período de rotación | sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | cero |
Albedo | 0,103 (asumido) |
Temperatura superficial | ~63 K |
Magnitude aparente | 14,5[2] |
Debido a que a lúa é pequena e escura, non foi detectada nas imaxes tomadas pola Voyager 2 durante o seu sobrevoo de Urano no 1986. Pero Mab é máis brillante cá lúa Perdita, a cal foi atopada no ano 1997 a partir de imaxes da Voyager. Isto levou ós astrónomos a revisa-las vellas imaxes da Voyager, e finalmente o satélite foi recuperado.[1]
Tamaño e órbita
editarO tamaño de Mab está pouco definido. Se é tan escuro coma Puck, o seu diámetro sería aproximadamente de 24 km. Pero se é o seu albedo é parecido á súa veciña lúa Miranda, entón podería ser máis pequena que Cupido e comparable en tamaño ós satélites exteriores máis pequenos.[1]
A órbita de Mab está fortemente perturbada. A fonte desta perturbación aínda é confusa, pero presumiblemente proceda dunha ou de varias das lúas da súa veciñanza.[1] Mab orbita a mesma distancia de Urano có recentemente descuberto anel de po R/2003 U 1. A lúa está preto de te-lo tamaño óptimo para a produción de po, se fose máis grande podería atrapa-lo po e se fose máis pequena, non tería suficiente superficie para produci-lo po necesario para mante-lo anel, xa fose mediante partículas ou colisións de pequenos meteoritos.[5] Non se atoparon aneis asociados con Perdita e Cupido, probablemente por que Belinda limita o tempo de vida do po que estas dúas lúas xeran.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark R. Showalter; Lissauer, Jack J. (22-12-2005). "The Second Ring-Moon System of Uranus: Discovery and Dynamics". Science Express 311: 973. PMID 16373533. doi:10.1126/science.1122882.
- ↑ "Classic Satellites of the Solar System". Observatorio ARVAL. Arquivado dende o orixinal o 31-07-2010. Consultado o 28-09-2007.
- ↑ 3,0 3,1 Showalter, M. R.; Lissauer, J. J. (25-09-2003). "IAU Circular No. 8209". Arquivado dende o orixinal o 04-05-2006. Consultado o 05-08-2006.
- ↑ 4,0 4,1 USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006.
- ↑ Laura Layton (28-12-2005). Astronomy Magazine, ed. "Uranus' second ring-moon system". Consultado o 10-05-2008.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Hubble Uncovers Smallest Moons Yet Seen Around Uranus – Hubble Space Telescope news release (25 de setembro de 2003) (en inglés)
- Hubble Discovers Giant Rings and New Moons Encircling Uranus – Hubble Space Telescope news release (22 de decembro de 2005) (en inglés)
- Mab + Ring diagram (Courtesy of Astronomy Magazine 2005) (en inglés)
- Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)