Luis Fraga Pombo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Luis Fraga Pombo, nado en Ferrol o 8 de xuño de 1971, é un xornalista galego.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1971 (53 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia - Licenciatura Universidade Rei Xoán Carlos - Mestrado |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, xornalista, mestre |
Empregador | Atresmedia EOI Business School (en) |
Traxectoria
editarLuis estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, comezou no mundo da radio aos catorce anos, realizando prácticas no verán na emisora Antena 3 Bergantiños, o primeiro contrato foi aos 17 anos como locutor en Radio Ferrol, da Cadena SER, onde presentaba a revista matinal e a radio fórmula Los 40 principales. Logo volveu a Antena 3 de radio, onde realizou fundamentalmente informativos, e no último ano na cadea foi xefe de programas da emisora de Ourense. En 1996 incorporouse como reporteiro a Antena 3 Televisión na delegación para Galicia en Santiago de Compostela e logo de 1999 a 2004 encárgase da edición e presentación do informativo para Galicia que emiteu neses anos a cadea. No verán de 2004 múdase a Madrid para presentar o informativo matinal Las Noticias de la Mañana, de Antena 3 Noticias.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- «Volver a Carballo es volver a la infancia y eso me hace feliz»«Soy afortunado, porque trabajo en lo que de crío jugaba», entrevista en La Voz de Galicia, 20 de setembro de 2011 (en castelán).