O Lollardismo foi un movemento político e relixioso de finais do século XIV e inicios do século XV en Inglaterra, xeralmente identificado como un precursor da Reforma. Os seus obxectivos principais eran precisamente a reforma da Igrexa.

John Wycliffe precursor do lollardismo

Doutrina

editar

Entre as súas principais doutrinas estaba aquela que propugnaba que a devoción era un requirimento para que un sacerdote fóra de "verdade" un sacerdote ou para que levase a cabo os sacramentos debidamente, e que o laico devoto tiña a facultade de executar os mesmos ritos, crendo que o poder relixioso e a autoridade resultaban da devoción e non da xerarquía eclesiástica. Ensinaban que a Igrexa cristiá era a "Igrexa dos salvados", querendo dar a entender que a verdadeira Igrexa de Cristo estaba constituída pola comunidade dos fieis, que tiña moito en común coa Igrexa oficial, pero que non era o mesmo. Ensinaban ademais unha certa forma de predestinación. Avogaban pola pobreza apostólica e a tasación das propiedades da Igrexa. Negaban a doutrina romana da transubstanciación favorecendo por iso a doutrina da consubstanciación na Eucaristía.

Orixes

editar

As orixes do movemento Lollardo (Lollardy en inglés) atópase nos ensinos de John Wycliffe, un teoloxo prominente da Universidade de Oxford cara a 1350.

Etimoloxía

editar

A pesar de non ser coñecido a orixe do termo, propúxose a hipótese de derivala do termo en latín lolium ("tara" ou "herba daniña"). Se é certo, isto debería ser unha referencia ofensiva para cualificalos de herexía contra a Igrexa cristiá, como as herbas daniñas que xorden no medio do gran na parábola de Xesús.

Outra hipótese, moito máis probable, é que veña do nome de Valter Lollard, un predicador holandés valdense que foi martirizado a mans dos partidarios da Igrexa de Roma na primeira metade do século XIV. A palabra pode ser tamén derivada do neerlandês lollaerd (que significa "alguén que susurra") ou lull ou lollen, que significa "cantar".

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar