Leopoldo I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Leopoldo I de Habsburgo, nado en Viena o 9 de xuño de 1640 e finado na mesma cidade o 5 de maio de 1705). Foi Rei de Hungría desde 1655 e de Bohemia un ano despois, Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1658. Era fillo de Fernando III e da súa primeira muller María Ana de España, filla do Rei Filipe III de España. Como Rei de Hungría reunificou as tres partes do reino (que estivo cerca de 150 anos dividido trala invasión otomá) logo de expulsar aos turcos, asunto que ratificou coa Paz de Karlowitz de 1699.
Matrimonios e fillos
editarCasou en 1666 con Margarida Tareixa de España (1651-1673), filla do seu tío materno, o rei Filipe IV de España e da súa irmá Mariana de Austria.
Margarita e Leopoldo I foron pais de catro fillos:
- Fernando Wenceslao (1667-1668), Arquiduque de Austria.
- María Antonia de Austria (1669-1692), Arquiduque de Austria. Casou co Elector Maximiliano II de Baviera. Ambos foron pais de Xosé Fernando de Baviera.
- Xoán Leopoldo (1670), Arquiduque de Austria.
- María Ana Antonia (1672), Arquiduque de Austria.
Trala morte de Margarida, casou en segundas nupcias con Claudia Felicidade do Tirol (1653-1676) no ano 1674. Era filla do conde Fernando Carlos do Tirol e de Ana de Médicis e neta do conde Leopoldo V.
Foron pais de dúas fillas:
- María Ana Sofía (1674), Arquiduque de Austria
- María Xosefa Clementina (1675-1676), Arquiduquesa de Austria.
Por último esposou a Leonor Magdalena de Palatinado-Neoburgo (1655-1720) en 1676.
Foron pais de 10 fillos:
- Xosé I (Viena, 26 de xullo de 1678 - ibidem, 17 de abril de 1711). Sucesor do seu pai.
- Cristina (1679), Arquiduquesa de Austria.
- María Isabel (1680-1741), Arquiduquesa de Austria e Gobernadora dos Países Baixos Austríacos.
- Leopoldo José (1682-1684), Arquiduque de Austria.
- María Ana (Linz, 7 de setembro de 1683 - Lisboa, 14 de agosto de 1754), Arquiduquesa de Austria, casada co rei Xoán V de Portugal.
- María Tareixa (1684-1696), Arquiduquesa de Austria.
- Carlos VI (Viena, 1 de outubro de 1685 - ibidem, 20 de outubro de 1740), sucesor do seu irmán Xosé I.
- María Xosefa (1687-1703), Arquiduquesa de Austria.
- María Magdalena (1689-1743), Arquiduquesa de Austria.
- María Margarita (1690-1691), Arquiduquesa de Austria.
Leopoldo sufría dunha enfermidade conxénita caracterizada por ter o labio inferior lixeiramente caído, o que lle ganou o alcume entre os seus inimigos de "Leopoldo, boca de camelo". Sucedeuno o seu fillo Xosé .