Leonid Brezhnev
Leonid Ilich Brezhnev (en ruso: Леонид Ильич Брежнев (axuda · info); en ucraíno: Леонід Ілліч Брежнєв), nado o 19 de decembro de 1906 (calendario gregoriano) e finado o 10 de novembro de 1982, foi o Secretario Xeral do Comité Central (CC) do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), presidindo o país dende 1964 ata a súa morte no ano 1982. Foi o segundo Secretario Xeral que estivo máis tempo no poder, 18 anos, sendo só superado por Stalin. Durante o mandato de Brezhnev, a influencia mundial da Unión Soviética aumentou espectactacularmente, en parte grazas á expansión do exército soviético durante esta época, pero o seu mandato recibiu moitas crítica por marcar o comezo dun período de estancamento económico no cal se pasaron por alto unha serie de problemas económicos, problemas que co tempo provocaron a disolución da Unión Soviética en 1991.
Traxectoria
editarBrezhnev naceu en Kamenskoe, nunha familia traballadora rusa. Despois de graduarse na Universidade Metalúrxica de Dniprodzerzhynsk, converteuse nun enxeñeiro metalúrxico na industria do ferro e o aceiro, en Ucraína. Incorporouse ao Komsomol en 1923, e 1929 converteuse nun activo membro do Partido Comunista. Reclútarono no exército durante a segunda guerra mundial e abandonouno en 1946, co rango de Tenente Xeneral. En 1952 Brezhnev converteuse en membro do Comité Central, e en 1964, sucedeu a Nikita Khrushchev como Primeiro Ministro. Alexei Kosygin sucedeu a Khrushchev no seu posto como Presidente do Consello de Ministros.
Como líder preocupouse por consultar os seus compañeiros antes de actuar, pero o seu intento por gobernar sen realizar grandes cambios económicos levou a un decrecemento da economía nacional na década de 1970, un período coñecido como o Estancamento brezhneviano. O aumento no gasto militar, no momento da morte de Brezhnev superaba o 15% do PIB do país, e un liderado ineficaz sentaron as bases para o decrecemento do PIB, en comparación co crecemento dos países occidentais. Mentres estivo á fronte da URSS, Brezhnev impulsou unha política de distensión entre os países do leste e o oeste de Europa. Dirixiu a invasión de Checoslovaquia para tentar rematar coa Primavera de Praga[1], e a súa última decisión de transcendencia foi a de enviar tropas soviéticas para invadir Afganistán, nun intento de salvar o débil goberno que estaba a pelexar contra os muyahidíns.
Brezhnev morreu o 10 de novembro de 1982 e foi rapidamente substituído no seu posto de Secretario Xeral por Yuri Andropov. Brezhnev fomentara o culto á personalidade, aínda que en menos medida que Stalin. Mikhail Gorbachev, que dirixiu a URSS dende 1985 a 1991, criticou o seu legado e dirixiu o proceso de liberalización da Unión Soviética.
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Leonid Brezhnev |
- Annotated Bibliography for Leonid Brezhnev from the Alsos Digital Library for Nuclear Issues (en inglés)
- Our Course: Peace and Socialism Collection of Brezhnev's 1973 speeches (en inglés)
- CCCP TV Videoprograms with L. Brezhnev on Soviet TV portal (en ruso)