Kuwait (cidade)
Kuwait (en árabe مدينة الكويت, Madīnat al-Kūwait, literalmente «Cidade de Kuwait») é a capital de Kuwait e da gobernación ou distrito (muhafazah) de al-Asimah. Coloquialmente é chamada, simplemente, « ACidade» (Al-Diera). O municipio estrito ten unha poboación estimada de 32.500 habitantes (2005), mais a súa área metropolitana alcanza uns 2 380 000. Na cidade teñen a súa sede o parlamento de Kuwait ou Majlis al-Umma, a maior parte das oficinas do goberno e os principais bancos e empresas do Estado kuwaití. É o centro político, cultural e económico do emirato.
الكويت (ar) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Kuwait | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 2.989.000 (2018) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Bañado por | Golfo Pérsico e Kuwait Bay (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Situación
editarSitúase na costa do golfo Pérsico, nunha baía do mesmo.
Comunicacións
editarAs necesidades comerciais e de comunicacións están ben servidas por medio do Aeroporto Internacional de Kuwait e os portos de Mina al-Shuwaikh e de Mina al-Ahmadi, sitos a 50 km ao sur, na costa do golfo Pérsico.
Historia
editarA cidade foi fundada a comezos do século XVIII polo clan al-Sabāh, máis adiante familia gobernante de Kuwait, rama da tribo dos al-Utūb (que tamén incluía o clan al-Khalīfah, a familia gobernante de Bahrain), e polo seu líder, o xeque Sabāh I. O topónimo seguramente deriva dunha antiga fortificación abandonada, dita "Kūt" (كوت), que é como se denomina árabe unha fortaleza á beira do mar.
A localidade medrou con rapidez, de xeito que na época en que se levantou a primeira muralla (1760), xa tiña a súa propia frota de 800 dhows e mantiña relacións comerciais con Bagdad e Damasco. A inicios do século XIX era un porto recoñecido pola importancia do seu tráfico.
As tensións das autoridades locais coa Sublime Porta, nominalmente polo menos, autoridade superposta, chegaron ao cumio en 1896, cando o xeque Mubārak al-Sabāh asasinou a seu irmán, o emir Muhammad al-Sabāh, e buscou protecciónbritánica. A cambio de protección naval británica., Mubārak non podía negociar ou ceder territorios a ningún outro poder estranxeiro sen consentimento británico.
A raíz do descubrimento de petróleo en 1936, o nivel de vida da cidade acrecentouse de maneira espectacular, incluíndose servizos sanitarios e educativos.
O 2 de agosto de 1990, as forzas iraquís puxeron asedio á cidade e o día 8 de agosto anexionaron o emirato a Iraq.
Despois da retirada das tropas iraquís, entre xaneiro e febreiro de 1991, os investimentos estranxeiros e do goberno kuwaití foron dedicados de modo preferente á reconstrución e á modernización da cidade, con idea de convertela nun centro de negocios de primeira orde. Despois da guerra do Golfo, Kuwait experimentou un gran crecemento económico, construíndose un bo número de hoteis, centros comerciais e oficinas de empresas de todo tipo.
Galería de imaxes
editar-
Burgan Bank desde o porto
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kuwait |