Juan Outeiral

político galego

Juan Francisco Outeiral Outeiral, nado en Boiro cara a 1897 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un político galego.

Modelo:BiografíaJuan Outeiral
Biografía
Nacementoc. 1897 Editar o valor en Wikidata
Boiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, transportista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4333

Traxectoria

editar

Transportista. Cuñado de Juan Somoza Rebollido. Militante socialista, en 1935 presidiu a agrupación local do PSOE. Foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Detido meses despois, foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra e condenado a morte. Foi fusilado no cemiterio de Boisaca o 23 de febreiro de 1937 xunto co seu compañeiro de corporación Rodrigo Álvarez Gantes. Con eles tamén foron fusilados José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Ramón Lojo Agrelo, Bautista Torrado Rivadulla e Braulio Castro Gallardo.

Recoñecementos

editar

Foi homenaxeado polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2007.[1]

Vida persoal

editar

Casou con Encarnación González Reino.

  1. María Hermida (19 de agosto de 2007). "El himno sonó para Juan Outeiral". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar