Indiana
Indiana é un dos estados dos Estados Unidos de América, situada no Medio Oeste. É o trixésimo oitavo meirande estado e o décimo sétimo máis poboado dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. A súa capital e cidade máis grande é Indianapolis. Indiana foi admitido nos Estados Unidos como décimo noveno estado o 11 de decembro de 1816. Limita co lago Michigan polo noroeste, Míchigan polo norte, Ohio polo leste, o río Ohio e Kentucky polo sur e sueste, e co río Wabash e Illinois polo oeste.
State of Indiana (en) | |||||
Himno | On the Banks of the Wabash, Far Away (pt) (14 de marzo de 1913) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Crossroads of America (mul) » | ||||
Símbolo oficial | Cardinalis cardinalis (pt) (aves) On the Banks of the Wabash, Far Away (pt) (state song of a state of the United States (en) ) | ||||
Alcume | The Hoosier State | ||||
Epónimo | Território de Indiana (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Indianapolis (1825–sen valor) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.785.528 (2020) (71,94 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 2.602.770 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 94.321 km² | ||||
Auga | 1,63 % | ||||
Lonxitude da costa | sen valor | ||||
Bañado por | Lago Michigan e Río Ohio | ||||
Altitude | 210 m | ||||
Punto máis alto | Hoosier Hill (en) (383 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Ohio | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 11 de decembro de 1816 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Indiana (en) | ||||
• Governador (pt) | Eric Holcomb (pt) (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Indiana , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Indiana Supreme Court (en) | ||||
Membro de | |||||
ISO 3166-2 | US-IN | ||||
Identificador GNIS | 448508 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | in.gov | ||||
Diversos pobos indíxenas habitaron Indiana durante miles de anos, algúns dos cales foron expulsados polo goberno dos Estados Unidos entre 1800 e 1836. Indiana recibe o seu nome por ser un estado que estaba amplamente habitado por tribos nativas mesmo despois de que se lle concedese a condición de estado. Dende entón, os patróns de asentamento en Indiana reflectiron a segmentación cultural rexional presente no leste dos Estados Unidos; a parte máis setentrional foi colonizada por xente que procedía de Nova Inglaterra e Nova York, Indiana central polo inmigrantes de Mid-Atlantic e Ohio, e a Indiana do sur por colonos de estados sureños como Kentucky e Tennessee.[1]
Indiana ten unha economía diversa cun produto interior bruto de 377,1 billóns de dólares en 2019.[2] Ten varias áreas metropolitanas cunha poboación superior a 100 000 habitantes e un bo número de cidades pequenas e vilas. Indiana é a sede de equipos deportivos profesionais nos que se contan os Indianapolis Colts da NFL e os Indiana Pacers da NBA, e neste estado celébrase o evento deportivo de carreiras de Indianapolis 500.
Notas
editar- ↑ William Vincent D'Antonio; Robert L. Beck. "Indiana – Settlement patterns and demographic trends". eb.com. Consultado o 3 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Gross Domestic Product (GDP) of the United States in 2019, by state (in billion current U.S. dollars)". Statista. 2019. Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Indiana |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |