Illas do Comandante
As illas do Comandante, ou illas Komandorski, ou illas Komandórskiye (en ruso, Командо́рские острова́; Komandórskiye ostrová) son un grupo de illas do Ártico, o grupo máis occidental das illas Aleutianas, localizadas a 175 km ao leste da península de Kamchatka, en augas do mar de Bering.
(ru) Командорские острова | |||||
Tipo | grupo de illas | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Krai de Kamchatka, Rusia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 755 m | ||||
Superficie | 1.846 km² | ||||
Historia | |||||
Cronoloxía | |||||
Grande Expedição do Norte (pt) | |||||
Data de descuberta ou invención | 1741 | ||||
Administrativamente pertencen ao krai de Kamchatka da Federación de Rusia.
Xeografía
editarAs illas do Comandante constitúen o grupo máis occidental das illas Aleutianas, aínda que estean separadas do resto da cadea por varios centos de quilómetros. O grupo consiste na illa de Bering (95 km por 15 km), a illa Medni (55 km por 5 km) e quince pequenas illas e illotes, a maior das cales son Toporkov Kamen (0,15 km²) e a illa Ariy, que están entre 3 e 13 km ao leste da illa de Bering.
O seu relevo é un pouco diverso, comprendendo montañas moi pregadas, mesetas volcánicas, socalcos e montañas baixas. A súa orixe xeolóxica é volcánica: son antigos volcáns, extintos hai moito tempo, que xurdiron no bordo da placa pacífica e a placa norteamericana. O punto máis elevado é o pico de Steller (755 m), na illa de Bering. O punto máis alto na illa de Medny e o pico Stenjeger (647 m).
O clima é temperado e marítimo, con frecuentes precipitacións (220-240 días/ano). Os frescos veráns son notoriamente neboentos.
Poboación
editarA única localidade habitada permanente é a aldea de Nikolskoye, no extremo noroeste da illa de Bering, cunha poboación estimada de 750 habitantes en 2005. A poboación está composta case na súa totalidade por rusos (dous terzos) e aleutas (u terzo).[1]
A maioría das illas, así como gran parte do hábitat marino adxacente (36 486,79 km²), forma parte da Reserva Natural das illas do Comandante» (Komandorsky Zapovednik). A economía baséase principalmente na pesca, a recolección de cogomelos, a administración da Reserva Natural, o ecoturismo e os servizos públicos.
Os habitantes, rusos e aleutas cazan baleas e pescan peixes e outros animais mariños.
Disputas territoriais
editarDous grupos máis pequenos de illotes rochosos cerca da illa Medny, as chamadas Rochas do león de Mar (Сивучий Камень, Sivuchy Kamen) e as Rochas da lontra mariña (Камни Бобровые, Kamni Bobrovyye), son considerados por algunhas persoas como territorio dos Estados Unidos Porén, o goberno dos Estados Unidos non fai ningunha reclamación das illas, e recoñéceas como territorio ruso.
Notas
editar- ↑ Derbeneva O. A.; R. I Sukernik, N. V. Volodko, S. H. Hosseini, M. T. Lott & D. C. Wallace (2002): "Analysis of Mitochondrial DNA Diversity in the Aleuts of the Commander Islands and Its Implications for the Genetic History of Beringia". American Journal of Human Genetics 71 (2): 415-421.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas do Comandante |
Bibliografía
editar- Richard Ellis (2001): Encyclopedia of the Sea Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-3754-0374-3.
Outros artigos
editar