A illa Palm é unha pequena illa do arquipélago das Illas Granadinas, a 1´6 km da illa Unión, e só accesible por barco. Ten unha superficie de 0´55 km², e ten cinco praias.

Modelo:Xeografía físicaIlla Palm
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Granadinas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Granadinas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaGranadinas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 12°35′11″N 61°23′47″O / 12.5864, -61.3964
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,54 (ancho) × 1,2 (lonxitude) km
Superficie0,55 km² Editar o valor en Wikidata

Orixinalmente coñecida como a illa de Prune, Illa Palm debe o seu nome actual aos antigos propietarios, o falecido John Caldwell (coñecido como Johnny Coconuts, "Johnny Cocos") e a súa esposa Mary, prantaron centos de cocos, producindo a transformación do deserto e os pantanos infestados de mosquitos existentes na illa nun territorio cuberto de palmas. A súa pista de aterraxe de herba foi sacrificado para sementala de palmas, trala construción dunha pista de cemento de 752 m na veciña illa Unión. O edificio circular da torre de control de tráfico aéreo segue en pé malia que agora se utiliza como vivero de palmas novas.

En Palm Island é o fogar do resort Palm Island e vinte residencias privadas. Hai dous restaurantes (o restaurante Royal Palm e o Sunset Grill), dous bares, un spa, piscina, ximnasio, biblioteca, pista de tenis, tenis de mesa e sala de TV/Internet ademais doutras instalacións para os hóspedes. Normalmente, o complexo atende a 80 persoas con 93 empregados.

A illa é agora un refuxio para a fauna e durante o ano 2015, introducíronse 125 tartarugas de terra para substituír a pequena poboación que foi arrastrada polo furacán Iván en 2004. Malia que non é indíxena, a vexetación é similar á illa Unión, de onde se traen as tartarugas que son liberadas cando crecen máis aló do tamaño que lles serían ser presa das iguanas terrestres nativas.

Ligazóns externas

editar