Idos de marzo
O Idos de marzo (en latín: Idus Martiae; en latín tardío: Idus Martii) é o 74º día no calendario Romano, correspondendo a 15 de marzo. Esa data estaba marcada por varias observancias relixiosas e tamén, destacaba por ser, para os romanos, a data límite para saldar débedas. Tamén se fixo moi coñecida a data, no 44 a.C., por se-la data do asasinato de Xulio César que converteu aos Idos de marzo nun punto de inflexión na historia romana.
Idos
editarOs romanos non contaban tódolos días dun mes densde o primeiro ata o último. Pola contra, contaban a partir de tres puntos fixos do mes: os Nonas (o 5 ou 7, nove días inclusive antes dos Idos), os Idos (na maioría dos meses correspodía co 13, mais en marzo, maio, xullo e outubro correspondían co 15), e as Calendas (o 1 do mes seguinte). Orixinalmente, os idos estaban determinados pola lúa chea, reflectindo a orixe lunar do calendario romano. No calendario máis antigo, os idus de marzo serían a primeira lúa chea do novo ano.[1]
Observancias relixiosas
editarOs idos de cada mes estaban consagrados a Xúpiter, a divindade suprema dos romanos. O Flamen Dialis, o sumo sacerdote de Xúpiter, ía en procesión coa "ovella do Idus" (ovis Idulis) pola Vía Sacra ata o arx, onde era sacrificada.[2]
Ademais do sacrificio mensual, os idus de marzo tamén eran a ocasión da Festa de Anna Perenna, unha deusa do ano (latín annus) cuxa festa concluía orixinalmente as cerimonias do ano novo. O día celebrábase con entusiasmo entre a xente do común con merendas, bebidas e festa. Unha fonte da antigüidade tardía tamén sitúa a Mamuralia nos idos de marzo. Esta observancia, que ten aspectos de chivo expiatorio ou ritual pharmakos da antiga Grecia, implicaba golpear a un ancián vestido con peles de animais e quizais expulsalo da cidade. O ritual puido ser un festival de ano novo que representaba a expulsión do ano vello [3][4]
Posteriormente, durante a época imperial, os Idos comezaban unha "semana santa" de festas consagrada a Cibeles e Atis, sendo o día en que Canna intrat ("Entra o carrizo"), cando Atis nacía e se atopoba entre as canas dun río frixio. Alí, era descuberta por pastores ou pola deusa Cibeles, que tamén era coñecida como a Magna Mater ("Gran Nai"); hai diferentes versións da lenda.[5]
Unha semana despois, o 22 de marzo, a solemne conmemoración de Arbor intrat ("A árbore entra") conmemoraba a morte de Atis baixo un piñeiro. Un colexio de sacerdotes, os dendrophoroi ("portadores de árbores") cortaban anualmente unha árbore, colgaban nela unha imaxe de Atis e levábana ao templo da Magna Mater con lamentos.
O día formalizouse como parte do calendario romano oficial baixo Claudio (sobre o 54). Seguia un período de loito de tres días, que culminaba coa celebración do renacemento de Atis o 25 de marzo, data do equinoccio de primavera no calendario xuliano.
Asasinato de César
editar- Artigo principal: Asasinato de Xulio César.
Na época actual, os idous de marzo son máis coñecidos como a data na que Xulio César foi asasinado no 44 a.C. César morreu acoitelado tran unha conspiración que se produciu ao saír dunha reunión do Senado, e na que participaron até 60 persoas, lideradas por Bruto e Casio, estiveron implicados. Segundo Plutarco, un vidente advertira de que un mal chegaría a César a máis tardar nos Idos de marzo. De camiño ao teatro de Pompeio, onde sería asasinado, César pasou por diante do vidente e chanceou: "Os idos de marzo veñen", dando a entender que a profecía non se cumprira, ao que o vidente respondeu "Si, César; pero non marcharon". Este encontro fíxose famoso na obra de William Shakespeare, Xulio César, cando César é advertido polo adivino para "se coidadase dos idos de marzo". O biógrafo romano Suetonio identifica ao "vidente" cun arúspice chamado Spurinna
A morte de César foi un feito final na crise da República Romana, e desencadeou a guerra civil que tería como resultado o ascenso ao poder exclusivo do seu herdeiro adoptivo Octavio (máis tarde coñecido como Augusto). Escribindo baixo Augusto, Ovidio retrata o asasinato como un sacrilexio, xa que César tamén era o Pontífice Máximo de Roma e un sacerdote de Vesta. No cuarto aniversario da morte de César no ano 40 a.C., tras lograr unha vitoria no asedio de Perusia, Octavio executou a 300 senadores e équites que loitaran contra el baixo o mandato de Lucio Antonio, irmán de Marco Antonio. As execucións foron unha dunha serie de accións realizadas por Octavio para vingar a morte de César. Suetonio e o historiador Dión Casio caracterizaron a matanza como un sacrificio relixioso, sinalando que se producira nos idos de marzo no novo altar do divino Xulio.[6][7]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Lancellotti, Maria Grazia (2002). Attis, Between Myth and History: King, Priest, and God (en inglés). Leiden / Boston / Colonia: Brill. ISBN 9789004128514.
- Salzman, Michele Renee (1990). On Roman Time: The Codex-Calendar of 354 and the Rhythms of Urban Life in Late Antiquity (en castelán). Berkeley / Os Ánxeles / Oxford: University of California Press. ISBN 9780520909106.
- Scullard, Howard Hayes (1981). Festivals and Ceremonies of the Roman Republic (en inglés). Ithaca, NY: Cornell University Press. ISBN 9780801414022.