Hispania romana
Coñécese como Hispania romana aos territorios da Península Ibérica durante o período histórico de dominación romana.[1] Este período considérase entre 218 a. C. (data do desembarco romano en Empúries) e os inicios do século V (cando chegan á península as invasións bárbaras, substituíndo a autoridade de Roma). Ao longo deste extenso período de sete séculos, tanto a poboación coma a organización política do territorio hispánico sufriron profundos e irreversibles cambios, e quedaron marcados para sempre coa inconfundible pegada da cultura e os costumes romanos.
De feito, tralo período de conquistas, Hispania converteuse nunha parte fundamental do Imperio romano, proporcionándolle a este un enorme caudal de recursos materiais e humanos, e sendo durante séculos unha das partes máis estables do mundo romano e berce dalgúns gobernantes do imperio.
O proceso de asimilación do modo de vida romano e a súa cultura polos pobos sometidos coñécese como romanización. O elemento humano foi o seu máis activo factor, e o exército o principal axente integrador.
A sociedade hispana organizouse como a do resto do Imperio romano en homes (libres e escravos) e mulleres. Os homes libres podían participar no goberno, votar nas eleccións e ser propietarios de terras. Os escravos, en cambio, non tiñan ningún dereito e eran propiedade dalgún home libre. As mulleres podían ser libres ou escravas, pero non tiñan os mesmos dereitos que os homes.
Historiografía e fontes
editarHistoriografía e fontes antigas
editarO coñecemento da Hispania romana foi posible grazas á historiografía de autores antigos como Polibio —Historias: Libros III, X, XI e XXXV— que visitaron a península ao final da guerra de Numancia e escribiu un libro sobre ela, compilado posteriormente por Cicerón.[2] Así mesmo, as fontes inclúen a Estrabón quen, malia non ter visitado a Península Ibérica, ofrece informacións doutras fontes e doutros autores que si o fixeron como Polibio, Posidonio, Artemidoro de Éfeso ou Asclepíades de Mirlea.[3] Do mesmo xeito, Tácito, e a súa obra dos Anais é unha fonte importante para as conquistas de Roma fóra do seu territorio.
Outros autores de menor relevancia mais que aportan tamén informacións sobre as actividades económicas en Hispania son Claudio Eliano, Opiano de Apamea e o médico Galeno. Igualmente Tito Livio -Ab Urbe Condita: libros XXI, XXII, XXIII, XXIV, XXVI, XXVII, XVIII, XXXIV, XXXIX, XL e XXI-; Periochae, apartados 55 e 92; Apiano -Iberia, apartados 16, 24, 25, 27, 43, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 55, 58, 59, 64, 66-69, 76, 80, 83-92 e 110-11-; Bellum Civile: libro I, parágrafos 110 e 112; Sexto Xulio Frontino -Tragémata: libros I e II-; Plutarco -Vidas paralelas: Tiberio Graco e Sertorio; Xulio César -De Bello Civile: libro I, De Bello Alexandrino, parágrafos 49, 59, 64, 57; De Bello Hispaniensi; Salustio -Historiarum Reliquiae: libre II; Floro- Epitome Gestae Romanae: libros I e II; Paulo Orosio - Adversus Paganos, parágrafo 5; Dióon Casio -Ρωμαϊκή Ἰστορία Rhōmaikē Historíā (en galego: Hisstoria romana): libros 53 e 14. Outros con noticias máis marxinais son Vegecio -Epitome Rei Militari-; Vitruvio -De arquitectura-; e Sexto Xulio Africano -Cestes-
Segundo os autores contemporáneos, Plinio o Vello, Pomponio Mela, Isidoro de Cárax, Silio Itálico e Diodoro de Sicilia, son os que achegan máis informacións para o coñecemento de Hispania na época do Imperio Romano.
Cómpre tamén mencionar como fontes antigas, as incricións presentes en Hispania, como os decretos de Lucio Emilio Paulo Macedónico, Lucio Cesio e Lucio Minus no século I a.C.; e a Xudas Macabeo, Manlio Acidinio Teodoro e Flavio Eutropio.[4]
Finalemente, as obras máis útiles para Hispania, segundo boa parte dos expertos, son os escritos de Apiano, Plutarco e Polibio.
Por outra parte, entre os historiadores gregos que recolleron algunha información sobre a Hispania romana destacan Eratóstenes, Artemidoro de Éfeso, Apolonio de Tiana e Filóstrato. Porén, pon en dúbida as súas obras, a pesar da súa visita a Hispania, por posibles interpretacións erróneas de fontes romanas como Plinio o Mozo, fronte á de Plinio o Vello11.
Denominación: Iberia e Hispania
editar- Artigo principal: Hispania.
Os escritores latinos usaron o nome de Hispania no canto de Iberia.[5] O escritor latino Ennio, que viviu entre os anos 239 e 169 a.C, é o primeiro que chama Hispania a Iberia na súa Historia Romana.[6]
No século I a. C. os escritores latinos referíronse á Península Ibérica indistintamente como Hispania ou Iberia. Por exemplo, Pompeio Trogo, no libro XLIV, indica que
O xeógrafo Estrabón, cuxo libro terceiro da súa Xeografía é o documento máis importante sobre a etnoloxía dos pobos da Hispania Antiga, afirma expresamente que se utilizaban indistintamente no seu tempo, o século I, os nomes de Iberia e Hispania, e refírese así á Península Ibérica:
Antecedentes
editarComo resultado da primeira guerra púnica, Roma fíxose con Sicilia e impuxo un elevado imposto de guerra á vencida Cartago. As arcas do estado cartaxinés quedaran baleiras, sen medios para pagar a todos os mercenarios que loitaran ao seu favor, o que provocou a súa rebelión, a súa pacificación custou moitos mortos. Roma aproveita a situación para conquistar ós cartaxineses Sardeña (237 a. C.). Roma convértese así na potencia hexemónica do norte occidental do Mediterráneo, controlando directamente a case totalidade de Italia, Sardeña e Sicilia. Cartago, reducida aos seus dominios do norte de África, exercía influencia directa sobre as súas colonias do sur da Península Ibérica e as Baleares grazas á expedición de Hamílcar Barca a Gades para reforzar o poder cartaxinés na Península (237 a. C.).
A Península Ibérica estaba entón dividida en múltiples unidades políticas, nin nas áreas máis evoluídas do sur e levante chegaron a se constituíren en grandes estados. Os cartaxineses aproveitaron esta situación para se facer co control dos régulos indíxenas, coa axuda de campañas militares e xestións diplomáticas, os cartaxineses constituíron un auténtico imperio na Península Ibérica entre o 237 e o 218 a. C..
Os cartaxineses entraron en conflito cos romanos no levante da península, a área tradicional de influencia grega, os romanos envían unha embaixada no ano 231 a. C. para indagar os plans de Amílcar e protexer as colonias gregas da Península, aliados seus. Pero en Cartago, Asdrúbal o Belo, para pagar as débedas contraídas con Roma por mor da primeira guerra púnica, non tiña outra opción que conquistar novos territorios, e a Península Ibérica era a mellor elección. Pero a política expansionista cartaxinesa alteraba o equilibrio de forzas e ameazaba os intereses de Massilia, actual Marsella, e das súas colonias. Os romanos envían unha segunda embaixada no ano 226 a. C., no que se chega a un pacto con Asdrúbal, os cartaxineses non poderían continuar as súas conquistas ao norte do Ebro e os romanos non intervirían.
O senado de Sagunt asina unha alianza con Roma no ano 221 a. C., e este é o pretexto que busca Haníbal para atacar a cidade, ponlle sitio (219 a. C.) e aos oito meses faise co seu control. No 218 a. C. ao cruzar Haníbal o Ebro dá comezo a segunda guerra púnica, Italia e a Península Ibérica vanse converter en escenarios simultáneos das operacións militares. No ano 209 a. C. Publio Cornelio Escipión conquista Cartago Nova, arsenal militar cartaxinés, e libera os reféns indíxenas dos cartaxineses, conseguindo a adhesión de moitas cidades indíxenas a Roma. Haníbal sen fornecemento económico e privado do potencial humano indíxena non puido resistir en Italia, mentres Escipión expulsaba do sur da Península Ibérica a todos os cartaxineses, e Gades entregábase sen loita no ano 206 a. C..
Por mor da segunda guerra púnica, a banda costeira do leste e sur da Península Ibérica ata o Guadalquivir pasaron ao dominio romano.
Consolidación do dominio romano de Hispania
editarEste artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2023.) |
Para Roma a conquista de territorio na Península Ibérica tiña un importante valor ao privar a Cartago da principal fonte de fornecemento de materias primas e mercenarios, pero como Roma non proxectou ao comezo a anexión da Iberia, viuse obrigada a improvisar unha política hispana. Escipión dividiu o seu exército en dous, unha parte no norte e arredor do Ebro e a outra na Bética, os xenerais que lle sucederon seguiron a mesma estratexia, e no 197 a. C. oficialízase esta división coa creación de dúas provincias: a Citerior e a Ulterior baixo o mando de dous pretores. Esta decisión non resolveu o problema das constantes rebelións indíxenas, provocadas polos abusos dos administradores romanos (este foi un comportamento constante ata o final da República), esta inestabilidade hispana preocupaba a Roma que no 195 a. C. enviou o cónsul dese ano, Marco Porcio Catón, á fronte de dúas lexións que actuaron con gran crueldade entre as poboacións indíxenas sometidas, con esta política de terror e represión conseguiu pacificar temporalmente o territorio, pero non conseguiu asegurar as fronteiras.
Foi Tiberio Sempronio Graco, pretor de Citerior no ano 180 a. C., cunha serie de medidas nas que mesturaba o rigor coa tolerancia (prohibición de fortificar as cidades indíxenas, obriga de pagar a Roma un tributo fixo anual pero tamén posibilidade para os indíxenas de se integraren como tropas auxiliares no exército imperial e dereito a percibir parcelas de terra), o que conseguiu manter a paz na Península Ibérica por máis de 30 anos e asegurar as fronteiras.
As guerras celtiberas entre o 154 a. C. e o 133 a. C. e as lusitanas entre o 154 e o 137 a. C. puxeron a proba o dominio romano sobre a Península, os indíxenas coordinaron as súas accións militares para obrigar os romanos a loitar en dúas frontes.
O xefe da guerrilla lusitana, Púnico, desfixo o exército romano, causándolle máis de 5.000 baixas en incursións ás cidades da Beturia (Val medio do Guadiana), os lusitanos presionados pola necesidade realizaron incursións periódicas nas ricas terras da Bética para volver co botín, conseguindo a alianza dos vetóns.
A incursión de Púnico na Bética serviu de pretexto para a intervención romana. No 151 a. C. os lusitanos aceptan asinar a paz cos romanos a cambio da promesa de Galba de lles conceder terras, pero no momento que se axuntan, 150 a. C., para presenciar a repartición de parcelas, Galba utiliza o seu exército para acabar con eles, algúns fuxiron, entre eles Viriato que se puxo á fronte da rebelión durante máis de dez anos e, trala súa morte no ano 139 a. C., o seu sucesor Tautamo tentou prolongar a rebelión sen éxito. Décimo Bruto distribuíu terras entre o resto das tropas lusitanas na rexión de Valença do Minho. Os romanos utilizaron as condicións sociais internas de xeito moi hábil, a sociedade lusitana estaba moi polarizada, por unha banda unha parte dela, amplos sectores sociais desposuídos dos medios elementais de subsistencia, víase obrigada a facer incursións sobre os ricos territorios da Bética e levar un réxime de vida seminómade refuxiada nas zonas montañosas, e pola outra banda unha oligarquía que posuía enormes riquezas.
A presenza da fronteira romana ao sur dos pobos celtiberos obstaculizaba os seus proxectos de conseguir unha federación forte, o Senado romano disposto a ampliar os seus dominios na Península e eliminar calquera foco de resistencia dentro dun marco xeral dunha política exterior máis imperialista que incluía a perda de liberdades das cidades gregas ou as destrucións de Corinto (146 a. C.) ou Cartago (146 a. C.) despois da terceira guerra púnica.
A anexión da Celtiberia resultou difícil para as tropas romanas. Numancia contaba co apoio dos vacceos, o que levou os romanos a organizaren incursións de destrución e pillaxe nalgunhas cidades vacceas, como Coca, ou quedar ás portas de Palencia que non conseguiron tomar. O senado romano toma unha decisión por riba das propias leis ao dar a Publio Cornelio Escipión o segundo mandato como cónsul e a dirección da guerra en Hispania (133 a. C.), conseguindo a caída de Numancia.
As Baleares eran un refuxio para os piratas que actuaban no Mediterráneo Occidental, o cónsul Metelo conquista as illas (123 a. C.) e funda dúas cidades: Palma e Pollentia, destinadas ao asentamento de 3.000 colonos.
Entre o 114 a. C. e o 93 a. C. sucédense conflitos armados de celtiberos e lusitanos contra do exército romano debido á falta de terras, á penuria económica agravada pola administración abusiva de Roma, á colaboración estreita entre a oligarquía indíxena e a administración romana, ao abuso dos recadadores de impostos romanos e á apropiación de terras por Roma que pasan a ser consideradas ager publicus.
Sertorio realiza a súa carreira militar no exército de Mario, nomeado gobernador da Hispania Citerior, pero antes de chegar a Hispania foi substituído no cargo por Sila, o que provoca a aberta rebelión de Sertorio contra do réxime de Sila, durante dez anos Sertorio loitou por atraer a poboación de Hispania á súa causa, levándoo ao enfrontamento militar co exército romano. Ao comezo o exército de Sertorio era pequeno pero axiña aumenta con tropas indíxenas e romanas recrutadas en Hispania. Diante o importante exército romano enviado contra el, 81 a. C., en Cartagho Nova, con parte das súas tropas cara ao norte de África. No 80 a. C. volta á Península grazas a súa estratexia de combinar a loita lexionaria coa guerrilla. Derrotado por Sila, prosegue durante oito anos a resistencia. Trala chegada no 77 a. C. dun exército mandado por Pompeio, quen xunto a Metelo comeza a debilitar a súa posición por medio de accións diplomáticas e razzias para malograr as colleitas nas áreas que apoiaban a Sertorio.
No ano 73 a. C. Roma vota a Lex Plantia, pola que se amnistiaba á maioría do bando coñecido na guerra civil como populares, o que produciu a división no seo do exército sertoriano e a conxura do lugartenente de Sertorio para asasinar a Sertorio en Osca.
A dinámica da loita contra Sertorio xerara novas condicións e comézase a pór en dúbida a validez da forma tradicional de gobernar e amosa a posibilidade de que calquera xeneral que contara co apoio das súas tropas e das súas clientelas impuxera os seus criterios políticos ao propio Senado romano, así Pompeio seguiu o modelo militar de Sertorio na atracción da poboación da Hispania Citerior, pero aplicou fortes represalias ás cidades máis comprometidas con Sertorio, conseguindo pacificar toda a Celtiberia ata o Douro.
Entrementres César esforzouse por gañar a fidelidade da Hispania Ulterior, gañou prestixio grazas á súa ecuanimidade na administración de xustiza. Coas súas dúas lexións e unha máis recrutada en Hispania principiou unha campaña contra os lusitanos e os galaicos, facéndose cun considerable botín co que pode retribuír ben ós seus soldados que o proclaman imperator.
As provincias hispanas permanecen fieis a dous xenerais opostos, a Citerior apoiaba a Pompeio e a Ulterior a César.
No ano 59 a. C. César, Pompeio e Craso forman o triunvirato para dirixir Roma; César ten plans para a conquista das Galias, relegando a un segundo plano a súa política hispana, no 56 a. C. pola conferencia de Lucca, as dúas provincias hispanas pasan á órbita de Pompeio.
Gran parte dos acontecementos da última etapa das guerras civís desenvólvense en Hispania, coa participación indíxena e dos romano-itálicos asentados na Península. A pesar da estadía de César na Ulterior, a posición de privilexio dos romano-itálicos contribuía a que non visen mal os progresos da oligarquía defendida por Pompeio.
Por mor das desordes en Roma, no 53 a. C. Pompeio foi elixido cónsul único e promulga unha lei que privaba de todo poder a César, este dirixe as súas lexións da Galia contra Roma, é a última parte da guerra civil, Italia cae en poder de César e Pompeio marcha de Roma.
No 49 a. C. César dirixiuse a Hispania para eliminar o exército pompeiano, na batalla de Ilerda César vence sen case derramamento de sangue. Tratou a Península con benevolencia, César recompensa ás cidades que lle foran fieis, liberándoas de impostos e concedeu dereitos de cidadanía e licenciou sen castigo ós soldados pompeianos. Todo o Mediterráneo occidental estaba baixo o control de César, que se pode dirixir ao Oriente para derrotar definitivamente a Pompeio.
César deixa como gobernador da Ulterior a Q. Casio Lonxino, quen dirixe arbitrariamente a administración da provincia, no ano 48 a. C. produciuse unha conspiración que fracasou, César envía a Trebonio, como novo gobernador, mentres os rebeldes xa mandaran vir a Cneo, fillo máis vello de Pompeio. Desta vez César non foi benevolente cos pompeianos vencidos, matou os xefes e confiscoulles as súas terras.
O sur da Península e sobre todo o val do Guadalquivir, cubriuse de cidades con status de colonias e municipium, amosándose como a rexión con máis alto grao de desenvolvemento económico e asimilación ás formas da cultura romana.
Resoltos definitivamente os conflitos armados ocasionados polas guerras civís, Augusto puido prestar atención aos problemas internos das provincias e aos territorios fronteirizos ameazados, procura a expansión territorial para ofrecerlle ao Imperio unhas fronteiras naturais sólidas, neste contexto chega á Península Ibérica en 27 a. C. e no 25 a. C. seguinte xa volve a Roma.
No ano 19 a.C. produciuse un novo levantamento, cando os indíxenas vendidos como escravos nas Galias, mataron os seus donos e volveron á Península a continuar a loita contra os romanos, pero Marco Vipsanio Agripa conseguiu someter definitivamente os cántabros e ástures.
Notas
editar- ↑ Apiano, Iberia, paragraphe 102.
- ↑ Blázquez Martínez (1996), p. 168
- ↑ Montenegro (1995), p. 169 e 254.
- ↑ Blázquez Martínez (1976), p. 63
- ↑ García Bellido 1985, pp. 90-91.
- ↑ García Bellido 1968, p. 51, notas 1 e 2.
- ↑ Justino/Pompeio Trogo (1995), p. 519-520, Libro XLIV, 1-3
- ↑ Estrabón, Xeografía III, 4, 19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hispania romana |
Bibliografía
editarFontes primarias
editar- Justino/ Pompeyo Trogo (1995). Epítome de las "historias filípicas" de Pompeyo Trogo/ Prólogos/ Fragmentos. Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 212 (en castelán). (tradución de José Castro Sánchez). Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1788-3.
Fontes secundarias
editar- Altamira, Rafael (1913). Historia de España y de la civilizacion española (en castelán). Barcelona: Herederos de Juan Gili.
- Blázquez Martínez, José María (1964). Causas de la romanización de Hispania (en castelán). Real Academia da Historia.
- Blázquez Martínez, José María (1976). "Rechazo y asimilación de la cultura romana en Hispania (siglos IV y V)". En Pippidi, D.M. Assimilation et résistance à la culture gréco-romaine dans le monde ancien. Travaux du VIe Congrès International d'Études Classiques (Madrid, Septembre 1974) (en castelán). París/Bucarest: "Les Belles lettres"/Editura Academiei. pp. 63–94. LCCN 77456206. OL 4625114M.
- Blázquez Martínez, José María (1996). Hispania en época Julio-Claudia (en castelán). Madrid: Real Academia de Historia. ISBN 978-84-376-1460-1.
- García Bellido, Antonio (1968 [1ª edición 1945]). España y los españoles hace dos mil años: según la "Geografía" de Strabón. Colección Austral (en castelán). Madrid: Espasa calpe. ISBN 84-239-0515-2.
- García Bellido, Antonio (1985). La Península Ibérica en los comienzos de su historia (en castelán). Madrid: Istmo. ISBN 84-7090-150-8.
- Melón y Ruiz de Cordejuela, Amando (1928). Geografía histórica española /. Colección de manuales Hispania. Serie E ; 1 (en castelán). Madrid: Voluntad.
- Montenegro, Ángel (1995). VV.AA., ed. Historia de España Antigua, II: Hispania romana: 2. Colección Historia. Serie mayor. Madrid: Cátedra. ISBN 9788437601274.