Henri Fantin-Latour
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Henri Fantin-Latour, nado en Grenoble o 14 de xaneiro do 1836 e finado o 25 de agosto de 1904 no municipio de Buré, Baixa Normandía, era un pintor realista e litógrafo francés.
Traxectoria
editarFormouse co seu pai, o tamén pintor Jean-Theodore Fantin-Latour, e máis tarde con Lecocq de Boisbaudran. Relacionouse cos máis importantes artistas da época. Traballou no taller de Courbet e foi amigo de Manet. Dedicou moitas das súas composicións alegóricas a Wagner, especialmente litografías. Nos retratos colectivos representa artistas coñecidos.
Obra
editarA súa obra queda á marxe do impresionismo, contribúe ao romanticismo do século XIX, pero clasifícase pola súa técnica no realismo, aínda que utiliza a cor e os brillos de xeito máxico, alcanzando así un realismo lírico. A súa obra esta principalmente composta de retratos femininos, retratos colectivos, bodegóns. Ilustrouse co tema da música, sobre todo cos homenaxes a músicos como Wagner. Fantin-Latour tivo influencia sobre os simbolistas posteriores tal Odilon Redon.
Hai obras de Fantin-Latour nos museos de Thyssen-Bornemisza e no Palacio de Liria en Madrid, no Museo de Orsay en París).
Véxase tamén
editarBibliografía
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Henri Fantin-Latour |
- Páxina de Artehistoria
- La lectora no museo de Orsay Arquivado 13 de novembro de 2007 en Wayback Machine. ]