Georgius Agricola
Georgius Agricola ou Georg Pawer (Glauchau, 24 de marzo de 1494? Chemnitz, 21 de novembro de 1555) é considerado o pai da xeoloxía moderna.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Georg Pawer 24 de marzo de 1494 Glauchau, Alemaña |
Morte | 21 de novembro de 1555 (61 anos) Chemnitz, Alemaña |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Zeitz Cathedral (en) |
Educación | Universidade de Leipzig Universidade de Boloña Universidade de Padua |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoloxía, Mineraloxía e minaría |
Ocupación | médico, químico, filósofo, enxeñeiro, mineraloxista, historiador, metalúrxico |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Enciclopedia de Otto Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Os seus estudos sistemáticos, da terra e das súas rochas, minerais e fósiles, contribuíron enormemente para a minería, metalurxia, mineraloxía, xeoloxía estrutural e paleontoloxía. Nacido na Saxonia, Agricola estudou na Universidade de Leipzig.
Traxectoria
editarEn 1522 comezou a estudar medicina, primeiro en Leipzig e despois en Boloña e Padua en Italia onde se graduou en 1526. Nunca foi gran amante da medicina, dedicando os seus estudos á xeoloxía e á mineraloxía. Comezou a exercer a medicina en Joachimsthal en 1527, que era un importante centro mineiro de prata. O seu traballo integra a observación e a documentación de toda a tecnoloxía mineira da época.
En 1531 deixou a Bohemia (hoxe Jachymov, na República Checa) e retornou a Saxonia para asumir o cargo de médico en Chemnitz, onde permaneceu até a súa morte. En Chemnitz exerceu varias funcións públicas, entre elas a de burgomestre (prefecto). É nesa cidade que el enviou ao prelo unha longa serie de traballos, iniciada xa na súa estada en St. Joachimsthal. Da lista de publicacións constan desde un libelo pol��tico contra os turcos (que venceran Viena en 1529) até títulos de metroloxía, filosofía, mineraloxía, xeoloxía de mina e económica, minería, zooloxía, medicina e historia. Dúas obras publicadas nese período levaron a Agrícola a ser considerado o Pai da Mineraloxía: De ortu et causis subterraneorum libri V (Xénese dos materiais no interior da Terra, en cinco libros) e De Natura Fossilium ("Os fósiles naturais"), libro que trata dos fósiles, na época considerados como restos mortais de monstros pre-diluvianos. Ambos os libros son de 1546. De Re Metallica ("Da natureza dos metais"), considerado un clásico da mineraloxía, foi publicado un ano despois da súa morte. Na composición desa obra, a gran tarefa de Agrícola consistiu, alén de compilar observacións propias, en tratar e organizar un vasto conxunto de coñecementos e prácticas en franco desenvolvemento, para as cales sequera había terminoloxía latina apropiada. Acabou creando diversos neoloxismos en latín, que tentaban traducir expresións alemás dos mineiros da Erzgebige. [1] [1]
Notas
editar- ↑ ALKMIM, Fernando Flecha. Obra-prima renascentista. Memória Hoje. Rio de Janeiro: Instituto Ciência Hoje, 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgius Agricola |
Bibliografía
editar- Carolyn Merchant (1980). The Death of Nature: Women, Ecology and the Scientific Revolution (San Francisco: HarperCollins).
- Ralf Kern (2010). Wissenschaftliche Instrumente in ihrer Zeit. Vol. 1. pp. 334–336 (Cologne: Koenig).
Ligazóns externas
editar- De Re Metallica
- Agricola's work on gemstones and mineralogy: De Natura Fossilium, tranducido do Latín por Mark Chance Bandy
- Agricola Akademischer Verein, fraternidade tradional alemá co nome do famoso científico.
- Agricola's De Re MetallicaArquivado 09 de decembro de 2009 en Wayback Machine. translated by former President H. Hoover and his wife L.H. Hoover, full text (650 pages) and illustrations