Gangrena

necrose dos tecidos por mor dunha obstrucción arterial

A gangrena[1] (do latín gangraena, e este, á súa vez, do grego γάγγραινα, [gángraina], que significa 'putrefacción'), é un termo en medicina humana e veterinaria que se refire á morte das células da pel pola falta de rego sanguíneo,[2] acompañada dunha decoloración característica e perda irreversible deste tecido.[3] Os síntomas poden incluír o cambio da cor da pel a negro ou vermello, entorpecemento, inchazo, dor, deterioración da pel e frescura.[4] Os pés e as mans adoitan ser as partes do corpo máis afectadas.[4] Certos tipos de gangrena poden presentar febre ou sepse.[4]

Gangrena
Clasificación e recursos externos
Gangrena seca nun pé.
ICD-10R02, I70.2, E10.2, I73.9
ICD-9040.0, 785.4
DiseasesDB19273
MedlinePlus007218
eMedicinearticle/782709 article/214992 article/438994 article/2028899 article/2051157
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia

editar

Nos anos previos ós antibióticos, comunmente empregábanse vermes (larvas) de mosca para tratar feridas ou úlceras e previr ou deter a expansión da necrose. Esta práctica baséase en que algunhas especies de vermes consomen só carne morta, sen afectar o tecido vivente circundante. Caeu en desuso dende a aparición dos tratamentos de feridas con antibióticos e enzimas.

Clasificación

editar

A gangrena causada por unha seria infección bacteriana nunha ferida é chamada gangrena húmida.[5] A gangrena causada por falta de circulación nunha ferida ou área afectada chámase gangrena seca.[6]

Tamén existe a gangrena escumosa/gasosa, que é aquela na que o tecido tegumentario -a pel- vai caendo a pedazos, o cal provoca un cheiro desagradable ó olfacto humano; este tipo de gangrena é causada pola bacteria Clostridium perfringens, que xeralmente entra cando hai unha ruptura do tecido (sen importar que o obxecto polo que entrou estea con óxido ou sen óxido).

Gangrena seca

editar

Se o fluxo sanguíneo é interrompido nun sector de tecido e non se produce unha infección secundaria, o resultado é unha gangrena seca. As persoas con diminución do fluxo sanguíneo periférico, como os diabéticos, teñen maior risco de contraer gangrena seca.[7]

Os primeiros signos da gangrena seca son unha dor apagada e sensación de frío na área, xunto cunha cor pálida na carne. Se se detecta en forma temperá, o proceso ás veces pode ser revertido mediante cirurxía vascular. Porén, se a necrose chegou a establecerse, o tecido afectado debe ser eliminado para non sufrir gangrena húmida.

Gangrena húmida

editar

A gangrena húmida prodúcese principalmente en tecidos e órganos naturalmente húmidos como a boca, o intestino, os pulmóns, o colo uterino e a vulva. As úlceras por presión que ocorren en partes do corpo como o sacro, nádegas e talóns -aínda que non necesariamente húmidas- tamén se clasifican como infeccións de gangrena húmida.

Gangrena gasosa

editar

Debido á súa tendencia rapidamente expansiva, é considerada unha emerxencia médica. A gangrena gasosa prodúcese cando unha ferida do tecido brando se contamina con esporas (poden estar en terra ou en feces) de Clostridium perfringens, como ocorre en traumatismos, aborto séptico e feridas de guerra. A rápida progresión da gangrena gasosa ocorre pola tendencia do gas a expandirse, abrindo e separando os tecidos, prodúcese edema que dificulta a circulación favorecendo a extensión da infección anaeróbica expondo así progresivamente máis e máis tecidos saudables á infección. Considérase unha enfermidade invasora.

A gangrena gasosa pode causar mionecrose, produción de gas e sepse. A súa evolución a toxemia e choque séptico é a miúdo moi rápida. Pode producir un líquido fétido porque é a excreción da carne. Só é posible ser salvado extirpando o tecido infectado.

O Clostridium perfringens ten unha actividade prodixiosamente rápida. É moi importante lembrar que, cando se produciu unha fractura exposta, deixou nos primeiros momentos de ser emerxencia traumatolóxica para converterse en urxencia infectolóxica. É urxente lavar con auga e xabón a ferida minuciosamente, logo pasar ó lavado con solución fisiolóxica, povidona, antisépticos e comezar con tratamento antibiótico. É importante lavar e desinfectar as feridas rapidamente.

Tratamento

editar

O tratamento habitual é a cirurxía de desbridamento e a escisión con amputación necesaria en moitos casos. Os antibióticos sós non son eficaces porque non penetran abondo nos músculos isquémicos. Porén, adminístranse antibióticos como un tratamento suplementario á cirurxía. Ademais da cirurxía e os antibióticos, nalgúns casos téntase a oxixenoterapia hiperbárica, que actúa como inhibidor de crecemento e matando as bacterias anaeróbicas Clostridium perfringens.[8]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gangrena.
  2. "Gangrene". NHS. 13 de outubro de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2017. 
  3. por MedlinePlus. "Gangrena". 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Gangrene Symptoms". NHS. 13 de outubro 2015. Consultado o 12 de decembro de 2017. 
  5. Essentials of pathophysiology. Lippincott Williams & Wilkins. ISBN 9780781770873. 
  6. Semiología médica y técnica exploratoria (en español) (8va ed.). Elsevier, España. ISBN 8445810804. 
  7. "Gangrene – Causes". NHS. 
  8. "Gangrene – Treatment". NHS.