Frankenstein ou o moderno Prometeo
Frankenstein ou o moderno Prometeo[1] é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos máis tarde.
Frankenstein | |
---|---|
Título orixinal | Frankenstein; or, The Modern Prometheus |
Autor/a | Mary Shelley |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa (existe trad. publicada en galego) |
Xénero(s) | novela epistolar, body horror literature, ficción gótica, ciencia ficción, Fantasía e épico |
Data de pub. | 1/1/1818 |
Páxinas | 280 |
Premios | |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarA obra conta a historia de Victor Frankenstein, un científico obsesionado por retornar á vida un corpo inerte, o monstro de Frankenstein. Tras obrar o milagre, Frankenstein queda conturbado pola súa creación decide abandonala á súa sorte. Esta vai converterse no seu maior pesadelo.
Creación da obra
editarA obra foi ideada na Villa Diodati de Xenebra, cando Lord Byron, acompañado polo seu médico persoal, John Polidori, hospedou na súa residencia estival a Mary Shelley e o seu home, Percey Shelley, aínda que por aquel entón Mary e Percey aínda non estaban casados; el acababa de ser desherdado polo seu pai tras abandonar a súa muller e fillos para poder estar coa súa amada de 16 anos. O ano 1816[2] pasou á historia como o ano sen verán, por culpa da erupción do volcán Tambora que enrareceu a atmosfera durante todo o ano. Confinados baixo o teito da vila, as conversas xiraban arredor do galvanismo e outros temas relacionados co ocultismo. Os catro, acompañados eventualmente pola medio irmá de Mary, remataron por retarse nunha competición para saber quen era capaz de escribir a mellor historia de terror. So a obra de Shelley e The Vampyre[3] de Polidori chegarían a cristalizar. A propia autora explica moitos destes acontecementos no prólogo da propia obra[4].
Sobre estes eventos do verán de 1816 trata a película Remando ao vento[5] do director ovetense Gonzalo Suárez, na que Lizzy McInnerny[6] interpreta a Mary Shelley e Hugh Grant a Lord Byron.
Se ben Byron non chegou a escribir a súa historia de terror si que compuxo o poema "The Darkness"[7] no que fala da escuridade deses días na Vila Diodati.
Repercusión da obra
editarA novela abre a porta da ciencia ficción e tanto por isto como polo seu magnetismo vai ser unha obra de referencia en moitos eidos culturais con multitude de adaptacións tanto a literatura, o cine e banda deseñada entre outras.
Notas
editar- ↑ Traducida do inglés por Fernando Rafael Tato Plaza e publicada por editorial Galaxia en 1999.
- ↑ "1816: El auténtico año sin verano", artigo en La Voz de Galicia, 25 de maio de 2014 (consultado o 2 de setembro de 2016).
- ↑ "The Vampyre". Goodreads. Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Una noche, hace 200 años...". Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Remando al viento (1988)". Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Lizzy McInnerny". IMDb. Consultado o 2016-09-02.
- ↑ "Darkness". Consultado o 2016-09-02.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frankenstein ou o moderno Prometeo |