Evangelista Torricelli

físico italiano


Evangelista Torricelli, nado en Faenza (Romagna) o 15 de outubro de 1608 e finado en Florencia o 25 de outubro de 1647, foi un físico e matemático italiano.

Infotaula de personaEvangelista Torricelli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1608 Editar o valor en Wikidata
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 1647 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Florencia (Gran Ducado de Toscana) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteFebre tifoide, posiblemente Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Lourenzo, claustre dels canonges 43°46′30″N 11°15′14″L / 43.774889, 11.253864 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Toscana Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza (1626–1632)
Colégio Romano (pt) Traducir (1624–1626) Editar o valor en Wikidata
Director de teseBenedetto Castelli Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático , físico , inventor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorFernando II de Médici (pt) Traducir (1642–)
Galileo Galilei (1641–1642)
Giovanni Ciampoli (pt) Traducir (1633–1641)
Benedetto Castelli (1626–1632) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Accademia della Crusca (pt) Traducir (1642–) Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua italiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVincenzo Viviani Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1762491 WikiTree: Torricelli-6 Find a Grave: 39492192 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Quedou orfo con moi poucos anos, polo cal, viviu co seu tío, Jacobo Torricelli, un frade que lle ensinou humanidades. En 1627 foi enviado a Roma para estudar ciencias xunto a Benedetto Castelli.

A lectura da obra de Galileo Diálogo da nova ciencia inspiroulle algúns dos seus principios mecánicos. Estes principios aparecen na súa obra De motu. En 1632 Castelli púxose en contacto con Galileo para amosarlle o traballo do seu pupilo e solictarlle que o acollese, e Galileo aceptou, polo que Torricelli trasladouse a Arcetri, onde foi aprendriz de Galileo. Este morreu nos primeiros meses do ano seguinte. Fernando II de Toscana nomeouno físico e matemático da corte, polo cal non ve cumprido o seu soño de volver a Roma e tense que trasladar a Florencia finalmente.

Tiña pleuresía, pola culpa desta enfermidade faleceu en Florencia cando só tiña trinta e nove anos. Dous séculos máis tarde fixéronlle unha estatua na súa cidade natal.

Descubrimentos de Torricelli

editar

En 1643 descubriu o principio do barómetro, polo cal pasou a posteridade, xa que con este descubrimento demostraba a existencia da presión atmosférica, principio demostrado máis tarde por Blaise Pascal. Ademais de descubrir o principio do barómetro tamén enunciou o teorema de Torricelli, moi importante en hidráulica.

En 1644 publicou o seu traballo sobre o movemento na obra Opera geometrica. A publicación desde principio máis outros traballos sobre as curvas cicloides, supúxolle unha loita contra Roberval, quen o acusou de plaxio. Aínda que parece ser que os dous chegaron a mesma conclusión por separado. A loita durou ata a morte de Torricelli.

Tamén tivo máis descubrimentos como por exemplo, o principio que di que unha serie de corpos que están conectados de modo que debido o seu movemento o seu centro de gravidade non pode baixar ou subir estes elementos están en equilibrio.