Europa continental
A Europa continental, tamén chamada continente europeo, é o continente de Europa, explicitamente excluíndo as illas europeas, e, ás veces, as penínsulas.[1] Notabelmente, no uso do inglés británico, o termo significa: a Europa excluíndo o Reino Unido, a Illa de Man, Irlanda e Islandia. Unha definición xeral de "Europa continental" é o continente europeo excluíndo o Reino Unido, Irlanda e Islandia. Porén, noutras rexións de Europa prevalecen ideas distintas sobre o que realmente significa a expresión.
Algunhas definicións de Europa continental expanden as fronteiras do continente para os seus límites xeográficos, incluíndo as nacións que están dentro das elevadas fronteiras dos Urais e do Cáucaso.
O que pode parecer ser unha simple cuestión de definición xeográfica, porén, ten profundas implicacións sociais e políticas. Algunhas definicións de Europa continental inclúen as nacións transcaucasianas da Xeorxia e Armenia - que son predominantemente cristiás - mentres que exclúen ao mesmo tempo as nacións predominantemente musulmás como Acerbaixán e Turquía.[2]
Illas mediterráneas
editarNo contexto do Mediterráneo, "o continente" pode referirse á parte continental de Italia (en oposición a Sardeña e Sicilia) ou a parte continental da Francia (en oposición a Córsega).
Illas atlánticas
editarNo contexto do Atlántico, "o continente" pode referirse á parte continental de Portugal (en oposición a Madeira e os Azores).
- - Reino Unido (Gran Bretaña e Irlanda do Norte)
- - Irlanda (Eire)
- - Islandia
- - A illa de Malta
- - A illa de Chipre
- - Illas Feroe (pertencentes a Dinamarca)
- - Illas Baleares (pertencentes a España)
- - Córsega (pertencente a Francia)
- - Sardeña (pertencente a Italia)
- - Sicilia (pertencente a Italia)
- - Creta (pertencente a Grecia)
- - Bornholm (pertencente a Dinamarca)
- - Fionia (pertencente a Dinamarca)
- - Selandia (pertencente a Dinamarca)
Notas
editar- ↑ "Merriam Webster dictionary definition".
- ↑ "Where Do Europe's Borders Lie?". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 05 de xuño de 2018.