Eumenes II
Eumenes II (reinado: 197-160 a. C.) foi rei de Pérgamo e membro da dinastía atálida. Aliouse aos romanos para se opoñer á expansión seléucida cara ao mar Exeo, e finalmente derrotou a Antíoco III Megas na Batalla de Magnesia en 190 a. C. Tras a paz de Apamea en 188 a. C., obtivo as provincias de Frixia, Lidia e Panfilia dos seus aliados romanos, xa que estes non desexaban dominar máis territorios, senón un Estado forte en Asia Menor que servise de freo a calquera posíbel expansión seléucida no futuro.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eumenes II |