Eugene Ormandy, nado co nome de Jenö Blau en Budapest o 18 de novembro de 1899 e finado en Filadelfia o 12 de marzo de 1985, foi un director de orquestra e violinista xudeu estadounidense de orixe húngara.

Modelo:BiografíaEugene Ormandy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte12 de marzo de 1985 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOld Pine Street Presbyterian Church Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Concertino
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Eötvös Loránd - filosofía (–1920)
Academia Franz Liszt Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de orquestra, profesor universitario, violinista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorAcademia Franz Liszt Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJenő Hubay (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeStephanie Goldner (1922–1947) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0650213 BNE: XX851073 Spotify: 3naY4Tq98GRh9K8xOsINyv iTunes: 317015 Last fm: Eugene+Ormandy Musicbrainz: c70e7c06-65e9-42bd-9059-4973fd20e127 Discogs: 809856 Allmusic: mn0000623172 WikiTree: Blau-276 Find a Grave: 11278 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou no Conservatorio de Budapest (agora Academia Franz Liszt) e deu o seu primeiro concerto como violinista á idade de sete anos e con 14 graduouse coas máximas cualificacións. En 1920, obtivo un título universitario en filosofía. En 1921 desprazouse aos Estados Unidos. Tomou o seu nome do buque no que viaxou, o Normandie. Nese país traballou primeiro como violinista para despois dirixir a Capitol Theater Orchestra en Nova York, grupo que acompañaba películas de cine mudo.

En 1931, Ormandy foi designado director da Minnesota Orchestra, posto que ocupou ata 1936.

Durante os peores días da Gran Depresión, Ormandy e a Minnesota Symphony foron contratados por RCA Victor para efectuar varias gravacións, entre as que destacan a Sinfonía nº 7 de Anton Bruckner e a Sinfonía nº 2 de Gustav Mahler. A excelencia destas gravacións contribuíron á reputación de Ormandy como un director de grande talento.

Porén, a gran fama de que goza aínda hoxe débese ás 44 tempadas que pasou á fronte da Philadelphia Orchestra, coa que comezou a colaborar en 1936 cando foi nomeado director asociado e dirixiu a orquestra alternándose con Leopold Stokowski. Anos máis tarde será nomeado único director titular, posto que manterá ata 1980. Dirixiu a orquestra en múltiples concertos e xiras polos Estados Unidos e o resto do mundo. Unha das máis famosas foi a que realizou en 1955 a Finlandia, onde visitou o ancián compositor Jean Sibelius (que morreu dous anos despois con 91 anos); outra, a que realizou á República Popular da China, cunha resposta do público entusiasta tras decenios de verse privado de música clásica occidental, prohibida polo réxime comunista.

Distincións

editar

En 1976 foi nomeado cabaleiro do Imperio británico pola raíña Isabel II.

Repertorio

editar

Está considerado un grande especialista na música tardoromántica e de inicios do século XX, especialmente da obra de Rachmaninov e Shostakovich (deste último dirixiu a estrea nos Estados Unidos de moitas das súas obras sinfónicas). Tamén difundiu a música dos compositores norteamericanos contemporáneos. As súas gravacións discográficas son moi numerosas, case sempre á fronte da Orquestra de Filadelfia. Non só era un gran director sinfónico, senón tamén un elegante e sensible acompañante nos concertos con solista. Estableceu unha estreita relación artística cos pianistas Arthur Rubinstein, Emil Gilels, Van Cliburn, Robert Casadesus e Rudolf Serkin, os violinistas David Oistrakh, Isaac Stern e Itzhak Perlman e os violonchelistas Leonard Rose e Emanuel Feuermann, entre outros.